#Claves de la semana

​Un investigador francés revela que o Padre Feijoo admitía a vida extraterrestre

O ilustre ourensano, segundo o libro 'Coa razón e a experiencia. Feijoo 250 anos despois', era un home de "mentalidade aberta"


|

Padrefeijoo

O investigador francés Frederic Prot, da Universidade de Bordeus, publicou un traballo sobre as ideas do Padre Feijoo en relación á posible vida extraterrestre. A súa investigación está incluída nun volume de estudos humanísticos e científicos que foi presentado este luns en Oviedo.


Na presentación do libro 'Coa razón e a experiencia. Feijoo 250 anos despois', no edificio histórico da Universidade de Oviedo, estiveron presentes os coordinadores do libro, Inmaculada Urzainqui e Rodrigo Olay.


"Feijoo era un home dunha mentalidade moi aberta e estaba convencido de que, como posibilidade, non había ningún problema de que houbese vida extraterrestre", comentou Urzainqui. Plot vai debullando no libro as ideas de Feijoo acerca deste asunto, repartidas en diferentes textos.


O novo volume sobre Benito Jerónimo Feijoo (1676-1764) foi publicado polo Instituto Feijoo de Estudos do Século XVIII da Universidade de Oviedo no marco do aniversario da morte do escritor.


O obxectivo do a obra é analizar tanto as propostas, actitudes e asuntos que conforman os tres centenares de ensaios do seu 'Teatro crítico universal' e as 'Cartas eruditas e curiosas', como o seu perfil humano e intelectual ou as súas relacións co poder eclesiástico.


Con este obxectivo de congregaron 36 especialistas procedentes de seis países (España, Portugal, Francia, Reino Unido, Alemaña e México) e de 26 institucións académicas diferentes.


O volume divídese en seis bloques temáticos: 'Saber, ciencia e filosofía', 'Ética, política e sociedade', 'Filoloxía, historia e pedagoxía', 'Feijoo no seu tempo', 'O universo humano de Feijoo' e 'A mirada posterior.


Entre as propostas analíticas máis novas, ademais desas ideas acerca da posible vida extraterrestre, aparecen cuestións como o amor, a alimentación, a alquimia paracelsística e as súas relacións persoais ou cos axentes do poder.

relacionada Defensa publica expedientes de ovnis avistados en Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE