#Claves de la semana

Galegos en Berlín observan calma tras o ataque terrorista

Ven "difícil" un aumento dos controis ao ser unha urbe de grandes dimensións, sen un centro claro e coas zonas turísticas difuminadas


|

AtentadoenBerlin

Galegos afincados en Berlín e de viaxe na capital alemá observan calma un día despois do atentado e destacan que na cidade "sempre hai moita policía", polo que ven "difícil" que se vaia a producir un aumento dos controis, fundamentalmente ao tratarse dunha urbe de grandes dimensións, sen un centro claro e coas zonas turísticas difuminadas.


Estefanía Ojea, natural do Carballiño (Ourense) e que traballa nunha axencia de publicidade, relata que este martes Berlín amenceu como un día máis. Ela tivo que desprazarse en metro para ir ao seu centro de traballo e non había máis controis dos habituais.


Ademais, precisamente este martes debeu facer transbordo na zona na que se produciu o atropelo co camión o luns, nun coñecido mercado do Nadal da cidade. A rúa seguía cortada e no lugar había numerosos medios de comunicación, pero xa fora retirado o vehículo.


Este luns tivo coñecemento da noticia a través do seu teléfono móbil, cando o acendeu e viu que tiña múltiples chamadas de contactos españois que se interesaron por saber se estaba ben. Atopábase na casa dunha amiga, sen batería no seu terminal.


A súa residencia atópase a uns 5 quilómetros dese mercado do Nadal, uns 20 minutos en transporte público, pero preto da súa vivenda pasa unha estrada pola que oíu pasar moitas ambulancias. "Non lle prestei atención, porque é normal oír sereas nesta cidade", comenta.


O que si lle chamou a atención foi a actitude de compañeiros de traballo este martes, cando cambiou a súa oficina habitual por unha alemá coa que colabora a súa empresa. "Ninguén dixo nada do tema, falaban do que cearan o día anterior pero nada sobre o atentado", explica, algo que atribúe á forma de ser dos alemáns.


Sobre o que pasará de aquí en diante, descarta que se vaia producir un aumento dos controis. Comenta que Berlín é "moi grande, ten moitos espazos abertos e non é, por exemplo, como París, onde a zona turística está toda xunta".


UN TURISTA QUE ESTIVO NESE MERCADILLO O DÍA ANTERIOR


Pola súa banda, o xornalista lucense Pablo Vázquez Sande, que viaxou a Berlín o sábado e que regresaba este martes da capital xermana, relatou que respirou "bastante calma" tras o atentado.


Vinte e catro horas antes do atentado, o domingo, estivo nese mercadillo sobre o que se lanzou o camión homicida, e á hora do atentado estaba "noutro punto turístico", na Porta de Brandenburgo, e apenas percibiu nada do ocorrido.


A "imaxe" o día despois é de "máis policía --por este luns-- pola tarde". "Hai máis policías, axentes con fusís. Hai unha maior sensación se seguridade", sinala.


O que lle chama a atención son as bandeiras a media hasta en edificios da administración alemá, pero advirte que "o ambiente é de bastante calma".


Asume que "sempre" pode quedarche "no pensamento" que "lle podería pasar a un", pero avoga por "non obsesionarse". "Hai que gozar e non deixarse amedrentar polos terroristas", destaca.

relacionada Daesh reivindica el atentado de Berlín
relacionada ​Un español entre los heridos en el ataque en el mercado de Berlín
relacionada ​La Policía de Berlín reconoce haber detenido "al hombre equivocado"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE