#Claves de la semana

Feijóo: "Os bancos teñen a obriga legal e moral de devolver as cláusulas chan"

Os galegos que o precisen teñen ao seu dispor todos os medios "legais e de asesoramento" do Instituto Galego de Consumo. 


|

Obraedificio

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, opinou este xoves sobre a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que obriga aos bancos para devolver os importes cobrados en concepto de cláusulas chan para subliñar que as entidades financeiras teñen "a obrigación legal" e tamén "moral" de ingresar eses fondos "de oficio" aos seus clientes.


Feijóo incidiu en que "as sentenzas hai que cumprilas" e, neste sentido, considerou que "o lóxico" é que os bancos ingresen eses importes "de oficio", sen esperar ás reclamacións.


Dentro desa formulación de "defensa dos consumidores", o mandatario sinalou que a Xunta pon a disposición dos galegos afectados "todos os medios legais e de asesoramento" que existen no Instituto Galego de Consumo e da Competencia.


As súas sete oficinas distribuídas en toda Galicia darán información e asesoramento gratuíto, uns datos aos que tamén se pode acceder a través da súa páxina web. Ademais, como indicou o presidente, haberá xornadas informativas en distintas vilas e cidades galegas para os afectados por este produto bancario que "non era legal" segundo os tribunais de Xustiza.

relacionada ​Uns 77.000 clientes de ABanca están afectados polas cláusulas chan, segundo Acouga
relacionada ​Los bancos tendrán que devolver todo lo cobrado de más por las cláusulas suelo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE