#Claves de la semana

​A DXT revisará o carné por puntos tras o aumento de falecidos en 2016

Dez anos despois da implantación deste sistema, Tráfico plantéxase revisalo para comprobar se a súa efectividade segue vixente. 


|

Accidentetrafico 1


O director xeral da DXT, Gregorio Serrano, abriu a porta a unha revisión do carné por puntos nun ano no que se rexistrou un incremento dos falecidos nas estradas españolas. "A DXT é plenamente consciente de que debemos pararnos, avaliar e decidir o futuro do carné por puntos", afirmou Serrano tras coñecerse que os mortos de 2016 superarán aos de 2015 -1.131 falecidos-, despois dun descenso continuado desde 2003.


Neste sentido, o responsable de Tráfico sinalou na súa última rolda de prensa do ano, que a cifras de mortos rexistradas en 2016 "non son boas" e engadiu que, neste punto, a DXT "ten o reto e responsabilidade por diante de seguir traballando".


Así, Serrano subliñou que "2017 será un ano clave" e "no que hai moito camiño por diante, con reformas lexislativas como o Pacto de Estado; renovar o parque automobilístico; ou seguir mellorando na conservación das vías". "Temos claro que non podemos facelo sós e entre todo hai que ir mellorando", indicou.


Nesta liña, o director da DXT sinalou que o Pacto de Estado pola seguridade viaria ten que establecer que medidas se poñen sobre a mesa e que medidas fan falta para que o carné por puntos sexa un sistema útil para a redución da sinistralidade". A xuízo de Serrano, cando se cumpren dez anos da implantación deste sistema, é o momento de sentar e ver en que aspecto foi positivo o carné.


En todo caso, puntualizou que entre as causas do repunte de mortos atópase "o aumento de entre un 5% e un 6% do número de desprazamentos tras a recuperación económica; ou causas clásicas como o menos uso do cinto de seguridade, alcol e drogas, exceso de velocidade, que é onde a DXT ten que atacar. Por iso, destacou a necesidade de incidir na educación e concienciación.

relacionada ​Morren dúas persoas en accidentes de tráfico nos municipios lucenses de Abadín e O Corgo
relacionada Galicia registra en 2016 once fallecidos más que en 2015 en las carreteras
Última hora

1 Comentarios

1

carnet de puntos

escrito por ventsislav asenov 25/ago/17    16:32

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE