#Claves de la semana

O 'Capuchoncito', vítima dun acto vandálico

A figura de bronce que representa un capuchón da Semana Santa apareceu tirada na rúa Real este venres pola noite.


|

CapuchoncitoferrolO 'capunchoncito', logo de ser vandalizado // @NachodeFerrol


O monumento á Semana Santa de Ferrol, situado na rúa Real, foi localizado este venres pola noite tombado sobre a vía pública, logo de que un grupo de descoñecidos lograse despegalo do pavimento e deixalo na zona na que se atopaba instalado, nas proximidades da Praza de Armas.


Neste lugar foi colocado no ano 2015, á altura do número 101, nun lugar polo que transitan todas as procesións da Semana Santa.


Axentes da Policía Local de Ferrol acudíronse de inmediato no lugar, onde en colaboración con algúns cidadáns lograron poñer en pé a estatua que representa a figura dun confrade, e que é coñecida xa popularmente como 'capuchoncito'.


Pero debido a que este monumento realizado en bronce non quedaba o suficientemente seguro na rúa, xa que antes do acto vandálico estaba pegada ao pavimento cunha resina, decidiron utilizar o guindastre municipal para o seu traslado a dependencias do Concello de Ferrol á espera de poder restituíla ao seu lugar orixinal e quedar de novo ancorada ao chan.


ZONA MOI TRANSITADA


A derriba desta estatua produciuse nunha das zonas máis transitadas de Ferrol, xa que a rúa na que se asenta é a máis comercial da cidade, sendo ademais esta época do ano, en véspera de Noiteboa, un dos lugares de paso máis frecuentado.


Tras o incidente foron moitos os cidadáns que se viron sorprendidos por este suceso e, entre os que se acudiron no lugar, hai que destacar a figura do presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol, Cesar Carreño, que xa condenou este acto vandálico.


Pola súa banda, boa parte do Goberno municipal que preside Jorge Suárez (FeC) e dos grupos da oposición decatáronse da noticia durante a cea de Nadal que os políticos locais mantiñan con traballadores dos medios de comunicación.


O monumento á Semana Santa de Ferrol foi instalado en marzo de 2015, sendo a figura, realizada en bronce, obra do artista local José Rubio Gascón. O seu custo, de 20.000 euros, foi sufragado polo Concello de Ferrol, naquel momento con José Manuel Rey Varela (PP) como alcalde.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE