​Feijóo propón unha alianza entre PP e PSOE para a reforma do Constitucional

|

Feijooconsellodaxunta


O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, expresou o seu desexo de que se produza "unha proposta consensuada" entre PP e PSOE para a reforma do Tribunal Constitucional.


Así o indicou, en declaracións aos medios este luns, antes de participar na entrega dun premio en Santiago, onde trasladou que "sempre que houbo acordos entre os grandes partidos a relación foi moito máis fluída" e ambas as formacións traballaron "mellor".


Deste xeito, o titular da Xunta opinou que atopar puntos de encontro entre populares e socialistas "é bo para todos", tanto para o conxunto de España "que é o importante", como "para o PSOE".


"Dá a sensación que o Goberno quere chegar a acordos e tamén que hai xente no PSOE que está disposta a chegar a acordos", incidiu Feijóo.

relacionada ​Carmela Silva pide a la Xunta "un gran proyecto de modernización" del turismo
relacionada Os socialistas cren que hai tempo antes de acabar 2016 para pedir a transferencia da AP9
relacionada Feijóo, sobre o salto á política estatal: "Teño un contrato con Galicia ata 2020"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress