​A Xunta aumenta as axudas complementarias ao programa Erasmus

|

Erasmussenecacervantesmobilidadestudiantes


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou este luns a convocatoria de axudas complementarias ao programa Erasmus e anunciou un incremento do importe, o mínimo pasa de 80 a 105 euros e o máximo de 150 a 175.


Segundo afirmou a Xunta nun comunicado, a convocatoria galega é "a mellor do Estado", pois non só aumentou a contía senón que tamén mantivo a duración máxima de nove meses da axuda, dúas máis que o tope establecido polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos.


Para este fin, a administración autonómica vén de habilitar 1,4 millóns de euros, o mesmo que o curso anterior. A convocatoria, que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG), vai dirixida ao alumnado o Sistema Universitario de Galicia (SUG) que participe durante o curso 2016/2017 no Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus Estudo.


No curso 2015/2016 beneficiáronse desta axuda un total de 1.143 estudantes, así mesmo, a Xunta tamén convoca bolsas para os alumnos que realizan un programa de mobilidade en países extracomunitarios.


IMPORTE POR DESTINO E MEDIOS TELEMÁTICOS


Do mesmo xeito que as axudas europeas, as bolsas que reciben os universitarios beneficiados por esta convocatoria varían en función do país de destino. Así, aqueles que realicen a mobilidade en estados do primeiro grupo percibirán 175 euros ao mes, mentres que os do segundo grupo recibirán 145 e os do terceiro 105.


Outra novidade desta convocatoria é que por primeira vez a solicitude da axuda deberá realizarse por medios telemáticos, a través de calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede da Xunta de Galicia.

relacionada El Gobierno anuncia un Erasmus dentro de España para alumnos de 14 a 18 años

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress