Caballero critica que a negativa a inscribir a Área Metropolitana de Vigo "non se sostén xuridicamente"

|

Alcaldedevigoabelcaballero


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu este martes de que o informe da Dirección Xeral de Administración Local, que rexeita a inscrición da área Metropolitana no Rexistro de Entidades Locais de Galicia (Relga), "non se sostén xuridicamente", e vinculouno ao feito de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, está "frenético en contra da área".


Ademais, engadiu Caballero, a resolución contradi ao Tribunal Supremo que, nunha sentenza sobre o rexistro doutra entidade en Galicia, advirte de que a función do Relga "non é de control, senón de mera constancia ou toma de razón", e que debe "imperativamente" practicar a inscrición das entidades, salvo que haxa insuficiencia de datos. "Aquí non se observa que falten datos, porque non nolos piden", apuntou o alcalde.


Por todo iso, vinculou esa decisión co "intento desesperado" de Núñez Feijóo e do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de "parar" o ente supramunicipal. "Non entenden a democracia, a área Metropolitana deu a maioría --para ser presidente-- a Abel Caballero, e non o soportan", constatou o alcalde.


DECISIÓNS DA ÁREA


Caballero criticou que o Goberno galego do PP está "en permanente pánico" desde a constitución da área, e teme que o goberno metropolitano "empezo a falar" e a tomar decisións sobre transporte, o aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro, ou a pobreza enerxética. "Isto é o que os asusta", sentenciou.


De feito, o alcalde vigués confirmou que, como presidente da área (aínda que a Xunta non dá por válida a súa elección), convocará unha nova reunión da Xunta de Goberno do ente (formada polos 14 alcaldes) para a próxima semana. Nesa reunión, avanzou, abordaranse cuestións como o transporte metropolitano.


Finalmente, Caballero criticou o papel do PP de Vigo, do que denunciou que "é dependente de Feijóo e Rueda". O rexedor olívico foi máis aló, e asegurou que Elena Muñoz se converteu en presidenta do PP vigués grazas á dirección do seu partido, e que se gañase o congreso Javier Guerra, defendería a posta en marcha da área Metropolitana.

relacionada Caballero: "A Área Metropolitana está constituída e plenamente operativa"
relacionada ​A Xunta rexeita rexistrar a área Metropolitana e nega validez a Caballero
relacionada El Área Metropolitana de Vigo queda constituída con bronca y abandono del PP

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress