​Chega a Lugo 'Elas', un libro e exposición que recupera "a historia das mulleres galegas"

|

Auroramarcoelas


Presentouse no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) 'Elas', un libro acompañado dunha exposición de cadros que reivindica o papel da muller na sociedade galega. O libro é obra de Aurora Marco, que "leva, coma quen di, toda a vida investigando o papel da muller na historia de Galicia" e foi editado por A Xanela Editorial, nunha tirada de 155 exemplares numerada. Ademáis, está acompañado polos cadros de oito artistas galegas.


A autora recoñece nun comunicado que escribir 'Elas' levoulle media vida. "Comecei a investigar case ao mesmo tempo que coa docencia. Fixen traballos sobre lingua e literatura galega e a súa didáctica; editei algúns clásicos; publiquei varias biografías... mais, desde hai máis de 20 anos, estou centrada na recuperación da historia das mulleres galegas".


'Elas' reivindica o papel da muller na sociedade. "A indiferenza das administracións e de parte da sociedade, os planos de igualdade, as disposicións e as leis a favor da mesma son papel mollado se non hai un interese para que mude a situación da poboación feminina", afirma Aurora Marco.


Coa chegada ao Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) esta obra, xunto á exposición que o acompaña, continúa un periplo que comezou o pasado ano na Coruña e que percorreu Pontevedra, Vigo e Ribeira. Na exposición, aberta no MIHL ata o 31 de xaneiro, poden verse as obras orixinais que acompañan ao libro realizadas polas artistas galegas Chelo Rodriguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiraldez, Mª Manuela, Mª Xesús Diaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. A investigadora Aurora Marco quedou moi satisfeita co resultado final. "Sen térmonos coñecido nin falado antes, as pintoras só sabían de que ía o libro, captaron moi ben o espírito que eu buscaba nesta publicación. É e curioso, moitas das mulleres que vemos nestes cadros que nos atrapan pola súa beleza están reflectidas nas biografías que recollo". 

relacionada O papel da muller centra a edición 2016 do Festival Amal

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress