​A constitución de empresas cae un 6,2% en decembro en Galicia

|

Empresas gallegas

A constitución de sociedades mercantís caeu un 6,2% en decembro en Galicia, ao contabilizarse 303, segundo os datos do rexistro que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).


Foron 76 menos que as empresas creadas en novembro, é dicir, case un 20,1% menos. Mentres, o capital medio subscrito ascendeu a 30.704 euros.


Por provincias, A Coruña e Pontevedra rexistraron o maior número de constitucións, co 46,53% e o 42,24%, respectivamente. O 7,59% das novas empresas constituídas fixou a súa sede en Lugo e o 3,63% restante en Ourense.


Case todas as empresas constituídas en decembro en Galicia adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada (o 97,7%). O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 30.706 euros por empresa.


O 28,7% das empresas creadas en decembro pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia son a hostalería (10,9%) e as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (10,6%).


A presenza do sexo masculino segue sendo maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 318 socios (o 78,13% do total) fronte a 89 socias (21,87%) no último mes do pasado exercicio.


Ademais, adoitan estar compostas por un número de socios moi pequeno, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en decembro, o 71,9% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 21,1% por dous socios.


En decembro de 2016 disolvéronse 145 sociedades mercantís en Galicia, 17 menos que en novembro. En comparación co dato de hai un ano, o número de disolucións diminuíu en 45 unidades, case un 23,7%.


102 AMPLIACIÓNS, 24 REDUCIÓNS


Por outra banda, en decembro de 2016 ampliaron o seu capital social 102 sociedades mercantís. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 61,5 millóns de euros. Con respecto ao mesmo mes do ano pasado, en decembro ampliaron capital 23 sociedades menos.


Outras 24 empresas galegas reduciron o seu capital social en decembro e este mes rexistráronse, ademais, sete procesos de fusión e dúas de escisión.


O mes de decembro pechou con 18 sociedades afectadas por concurso de acredores. No mesmo mes de 2015 houbo cinco sociedades máis afectadas por esta situación.

relacionada ​Galicia perdeu 1.687 autónomos en 2016, só por detrás de Castela e León

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress