​O BNG rende homenaxe a Castelao no seu 67 cabodano

|

Castelao


O BNG realizará este sábado en Rianxo (A Coruña) o seu tradicional acto de homenaxe á figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao con motivo do aniversario da súa morte.


No acto participará a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que estará acompañada polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e pola responsable de Galiza Nova na comarca do Barbanza, Elvira Branco.


Antes de realizar un acto público na praza que leva o nome do polifacético galeguista, a comitiva realizará unha ruta pola localidade na que percorrerán os lugares "máis emblemáticos" relacionados co referente do nacionalismo galego.


Castelao, nacido en Rianxo en 1886, faleceu o 7 de xaneiro de 1950 en Buenos Aires e os seus restos non regresaron a Galicia ata 1984, cando foron trasladados e depositados no Panteón de Galegos Ilustres do mosteiro de Bonaval de Santiago de Compostela.

relacionada Unha novela retrata o dilema moral de Castelao ante o asasinato de Bóveda
relacionada Tradicional ofrenda floral a Valle-Inclán no 81 aniversario do seu falecemento

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress