Sagap denuncia que os empregados temporais do Sergas cobren "cun mes de atraso"

|

Enfermos cronicos 1

O sindicato Sanitarios Galegos Públicos (Sagap) denunciou a actuación da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) da EOXI de Santiago por "desdeñar os dereitos dos traballadores" e "non abonar o salario correspondente ao mes de decembro" a un total de "90" empregados.


Nun comunicado, o sindicato explicou que os traballadores, de varias categorías, asinaron o día 1 de decembro un novo vínculo de interinidade co Sergas e realizaron "correctamente" o seu labor desde ese día nos seus novos destinos.


Por iso, relatou Sagap, non entenden por que o Sergas "decide non cumprir no pago dun salario que se gañaron" e que lles corresponde "como dereito básico de todo traballador".


Tras pedir explicacións, o sindicato precisou que a resposta obtida por parte do Sergas "non resulta en nada clara" e "moito menos xustifica a falta de pagamento de salarios". Segundo Sagap, o Sergas alegou "motivos de xestión e de burocracia".


A continuación, lamentou que esta falta de pagamento se realizou "sen a menor comunicación previa aos afectados", á vez que fixo fincapé en que a nómina que cobraron estes 90 empregados foi a de novembro e non a de decembro.


"ATRASO CRÓNICO"


E é que os empregados con vínculos temporais no Sergas, tal e como indicou o sindicato, cobran sempre cun mes de atraso, a diferenza dos fixos ou interinos. De feito, esta situación foi denunciada en moitas ocasións por Sagap "sen que por parte do Sergas se faga nada para solucionar o devandito atraso crónico".


"Esiximos á Dirección de Recursos Humanos do Sergas que proceda ao abono, de inmediato, dos salarios debidos; explique de maneira clara e coherente o sucedido a cada un dos afectados; e [...] proceda a solucionar os problemas informáticos e burocráticos que lle impiden pagar de maneira puntual a fin de mes a todos os seus traballadores, sexa cal for o seu tipo de contrato", solicitou o sindicato.

relacionada Denuncian que 70 traballadores do CHUS non cobraron a nómina de decembro

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress