​Xornadas maratonianas de estudo nas bibliotecas para os universitarios galegos

|

Bibliotecaestudio


En plena época de exames, as bibliotecas galegas vólvense encher. Os exames comezaron o día 9 na Universidade da Coruña, na de Vigo xa houbo parte en decembro e queda outra parte para xaneiro e na de Santiago empeza a avalización o 12. Os estudantes universitarios encaran a etapa de máis apuro e refórzanse os espazos dedicados ao estudo.


Por exemplo, a Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela abrirá 24 horas, de luns a domingo, ata o día 26 de xaneiro. A iniciativa forma parte dos horarios extraordinarios que a USC ten en marcha desde inicios do mes de decembro con motivo dos exames da primeira convocatoria. Ata a mesma data, a biblioteca Intercentros do Campus de Lugo abrirá ata as 3 da madrgada.


E como reforzo en Santiago, nas próximas fins de semana --os días 14, 15, 21 e 22 de xaneiro--, as salas de estudo da Biblioteca Xeral e da biblioteca da Facultasd de Ciencias Económicas e Empresariais, así como a sala de lectura da Facultade de Dereito, abrirán de 10 da mañá a 10 da noite.

relacionada ​Fundación ONCE concede becas a 56 estudiantes universitarios con discapacidad
relacionada ​Universidades e Xunta traballarán "de inmediato" no novo mapa de titulacións
relacionada Os universitarios galegos tardan 9 meses en atopar o seu primeiro emprego

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress