#Claves de la semana

A "mala calidade" das augas da ría de Muros e Noia afecta á campaña dos mariscadores

A Plademar de Muros e Noia vén de ter unha reunión co alcalde de Noia na que lle expuxo unha serie de reivindicacións, entre elas a posibilidade de apostar por unha denominación de orixe protexida


|

Riademurosenoia

A Plataforma en Defensa do Mar (Plademar) de Muros-Noia reuniuse este mércores co alcalde de Noia, Santiago Freire, para trasladarlle as súas principais reivindicacións como a reclamación dunha mellora da calidade das augas da ría que critican incide na mala campaña que atravesan os mariscadores.


Nun encontro entre Plademar, Concello e a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, esta plataforma solicitou a constitución dunha mesa sectorial para contribuír ao diálogo para que a administración "teña un contacto directo e regular cos diferentes axentes do sector do mar".


Así mesmo, demandan a ampliación da depuradora para vender máis produto de forma directa, "xa que iso pode facer que suba o prezo" do produto.


Nun comunicado, Plademar mostrou a súa satisfacción por esta reunión, na que expuxo outras cuestións como a posibilidade de apostar por unha denominación de orixe protexida, abrir a poxa a Internet ou unha mellora do medio ambiente.


Respecto das demanda de orixe protexida, a confraría explicou a imposibilidade de levala a cabo porque non se permitiría realizar certas actuacións, polo que se traballa por conseguir unha marca de calidade, mentres os traballos sobre trazabilidade do berberecho estarán listos o ano que vén. No tocante a abrir a poxa a Internet, a confraría tamén o descarta por que sería inviable debido aos custos do envío.


Finalmente, Plademar mostrou a súa preocupación polas "ilegalidades cometidas" pola mina de San Finx e a súa influencia na calidade das augas.

relacionada ​As verteduras residuais limitan a calidade do marisco na Ría de Arousa
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE