Aviso de nivel laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo

|

Temporalcosteirogalicia


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia informou este xoves da activación dun aviso de nivel laranxa por un temporal costeiro que afectará o litoral das provincias da Coruña e Lugo a partir desta madrugada.


En concreto, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase, a partir da madrugada deste venres, mar combinada do noroeste de entre 5 e 6 metros, que afectará á provincia de Lugo e ao noroeste e oeste da da Coruña.


Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e das persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias informou da situación aos concellos das provincias afectadas, ás deputacións, aos servizos de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.


Tamén lembra á poboación a importancia de seguir medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar; así como vixiar a caída de obxectos desde balcóns ou xanelas.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress