Campelo volverá celebrar a súa festa gastronómica máis popular Festa da Ameixa na Praza da Granxa o 19 e 20 de setembro. O Concello de Poio prevé servir máis de 500 quilos deste suculento manxar, unha das xoias da ría de Pontevedra.