Un dos técnicos explica que o labor da comisión de investigación sobre o tren accidentado no Porriño "non é buscar culpables". Esta mañá comeza a análise da caixa negra.
A xuíza solicitou á Xunta que de forma urxente lle remita unha listaxe de peritos para realizar un informe independente sobre o sinistro.