#Claves de la semana

​A caixa negra do tren analizarase a partir do martes

A xuíza solicitou á Xunta que de forma urxente lle remita unha listaxe de peritos para realizar un informe independente sobre o sinistro.


|

Accidenteporrio2


A titular do xulgado de instrución número 2 do Porriño solicitou á Xunta que de forma urxente lle remita unha listaxe de peritos con coñecementos en materia ferroviaria para elaborar un informe independente sobre as causas do sinistro no que faleceron catro persoas o venres.

A intención é poder contar con este perito para o envorcado do contido da caixa negra, que se realizará no xulgado o martes a partir das 10,00 horas. Para este trámite foron citados Adif, Renfe e Comboios de Portugal, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Por outra banda, as autopsias das catro persoas falecidas foron realizadas o venres, o que permitiu que os corpos dos cidadáns españois xa fosen entregados ás súas familias.

Así mesmo, a policía xudicial ha solicitado ás autoridades competentes dos países dos cidadáns estranxeiros falecidos, Portugal e Estados Unidos, as súas pegadas para poder proceder á identificación oficial dos corpos.

"Como polo momento esta información non foi remitida, o xulgado pediu por escrito a colaboración tanto do Ministerio de Xustiza como das embaixadas de ambos os países en Madrid e tamén ao consulado de Portugal en Vigo, a fin de poder axilizar este trámite e evitar ter que conseguir as pegadas a través dunha comisión rogatoria, trámite que sempre é máis lento", explica o TSXG.

relacionada ​Renfe mantiene dos centros de atención a familiares en Vigo y O Porriño
relacionada ​Restablecida a circulación en O Porriño tras a retirada dos vagóns
relacionada ​Así es el Tren Celta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE