#Claves de la semana
Ourense Sede das III Xornadas sobre o futuro das provincias

Ourense acollerá o 13 de marzo o III Foro de debate sobre “O Futuro das provincias”

Competencias e estratexias de Transparencia centran os temas que se debaterán na “III Xornada sobre o Futuro das provincias”


Organizada pola Deputación de Ourense e pola Fundación Democracia e Goberno Local, o think tank máis importante do municipalismo español


|

Diputación provincial ourese

Ourense, 25 

As competencias provinciais e as estratexias de Transparencia e “goberno aberto” son os principais temas que se debaterán na “III Xornada sobre o Futuro das provincias”, que terá lugar o vindeiro 13 de marzo no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, organizada pola Deputación de Ourense e a Fundación Democracia e Goberno Local, o think tank (laboratorio de ideas) máis importante do municipalismo español, integrada por 23 dos 45 gobernos locais intermedios de España.




A xornada sobre o futuro das provincias, unha iniciativa que forma parte do Plan Ourense 92, ten como obxectivo “analizar o papel fundamental que xogan as deputacións para facer efectivo o principio de equilibrio territorial, e para contribuír a racionalizar e facer máis eficaz a organización dos servizos públicos, especialmente no que atinxe aos gobernos locais intermedios”, afirma Manuel Baltar. Asemade, este foro avoga por un modelo de cooperación local que axude a redimensionar as tarefas dos concellos e demais entes locais.



A inauguración da xornada estará a cargo do presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e de Josep Llobet Navarro, deputado delegado da Deputación de Barcelona para as Relacións coa Fundación Democracia e Gobierno Local. 


O primeiro dos relatorios, sobre “A provincia na Constitución española de 1978. Perspectivas de futuro”, será ofrecido por Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, ao que seguirá o relatorio sobre “As competencias provinciais”, a cargo de Tomás Quintana López, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León. 

O relatorio que abordará as Estratexias provinciais de “Goberno Aberto e Transparencia”, será ofrecido por Diana Santiago Iglesias, doutora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, tralo cal terá lugar un debate entre os asistentes.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE