#Claves de la semana
Galicia na vangarda da enerxia a partir das ondas do mar

O porto exterior da Coruña probará prototipos sobre a enerxía das ondas

Conde salienta que a celebración na Coruña do Congreso internacional Mabic sitúa Galicia como “núcleo de referencia da investigación” en almacenamento enerxético


"Se hai unha industria na que as baterías metal-aire están chamadas a xogar un papel decisivo, esa é a automoción”


|

image_gallery2_5.jpg

O porto exterior de Punta Langosteira na Coruña desenvolverá proximamente un proxecto experimental para probar diferentes prototipos que usarán a enerxía das ondas do mar para producir electricidade


O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, avanzou nesta mañá, con motivo da súa participación no Primeiro Congreso Internacional de Baterías Metal-Aire, MABIC’15, que decorre na Coruña, que este proxecto é complementario ao prototipo flotante impulsado en Vigo capaz de xerar enerxía a partir das correntes das mareas.


Sobre este último, dixo que augura un “futuro moi prometedor en enerxías renovables e o desenvolvemento do sector eólico”, ámbito no que “Galicia está na vangarda”.


O Goberno galego traballa na Axenda de Competitividade Industrial, Galicia – Industria 4.0, “coa que buscamos definir noso futuro industrial a través da fábrica intelixente”, na que estas redes de enerxía ofrecerán grandes posibilidades de mellora competitiva ao adecuar a demanda de enerxía e o emprego de fontes renovables.


“Pero se hai unha industria na que as baterías metal-aire están chamadas a xogar un papel decisivo, esa é a automoción”, afondou o conselleiro, quen destacou que a mobilidade sostible supón unha clara aposta pola competitividade do sector automobilístico na procura de fabricar vehículos ecolóxicos, seguros e eficientes. “Por este motivo, a posibilidade de contar con baterías capaces de xerar una autonomía de 750 quilómetros representa unha gran ocasión”, explicou.


Proxecto experimental


En relación ao proxecto experimental no porto exterior da Coruña, impulsado polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), o conselleiro lembrou a aposta da Xunta por estas iniciativas que “permiten que Galicia sexa referente en enerxías renovables”.


Se finalmente este prototipo pode chegar ao mercado da construción, xunto cos seus diferentes equipamentos, podería ser unha “oportunidade” tamén para o sector naval, remarcou Conde.


O proxecto, denominado Energy Mare e no que colabora a Autoridade Portuaria da Coruña, será desenvolvido na zona exterior de Punta Langosteira nunha área de tres quilómetros cadrados para probar varios prototipos que existen para aproveitar a enerxía das ondas.


Proximamente, promoverase que as empresas que teñan prototipos ou dispositivos para tentar aproveitar a enerxía do mar poidan probalos nesta zona experimental, escollida polo Inega entre varias localizacións da costa galega como a “máis idónea para realizar as referidas probas,


Emprendemento innovador


O conselleiro de Economía e Industria destacou tamén a oportunidade que supón Mabic para o impulso do emprendemento innovador. Neste sentido, sinalou que que o Congreso ofrecerá a oportunidade de presentar os seus proxectos a distintos grupos de investigación das facultades galegas.


Este traballo, resaltou Conde, complementarase cun business corner que incentivará a relación destes investigadores e tecnólogos con inversores privados, “potenciando deste modo a aposta de Galicia pola innovación e o emprendemento”.


A razón é que o porto exterior conta con boias desde hai máis de dez anos, cando se iniciou a súa construción, con cuxa información foi elaborado un catálogo e rexistro histórico de datos de ondas e das incidencias por causa desta que se poden aproveitar para este proxecto.


Ademais, na zona está o polígono de Sabón, onde hai industria na que probar se realmente a enerxía das ondas se pode converter en enerxía eléctrica, o que facilitaría esta tarefa. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE