#Claves de la semana
HOXE VISITARON AS RIAS BAIXAS UNHA DELEGACION DE AXENTES DE VIAXES XAPONESES

GALICIA E XAPÓN CONSOLIDAN A SÚA COLABORACIÓN TURÍSTICA

Nobuyuki Ikeda trasladoulle a Nava Castro o seu interese por asinar un convenio de colaboración co obxecto de afondar no proceso de desenvolvemento e consolidación de promoción do Camiño de Santiago e traballar conxuntamente nas dúas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO


Todas as actividades e compromisos adquiridos por Turismo de Galicia co país nipón están repercutindo de forma directa na chegada de turistas procedentes de Xapón á nosa comunidade rexistrándose no pasado ano máis de 13.000 viaxeiros e 1.095 peregrinos


|

Santiago, 21 de abril de 2015.- Esta semana Galicia e Xapón dan un paso máis na súa colaboración en materia turística coa xuntanza mantida pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, co secretario xeral da Asociación Xaponesa de Axencias de Viaxes JATA, Nobuyuki Ikeda.


O encontro, desenvolvido na sede de Turismo de Galicia en Santiago de Compostela, contou tamén coa participación da vicepresidenta da Asociación Hispano Xaponesa de Turismo, Yoshitaka Hoshina, e o presidente de Three Peaks Winery, Takehiro Oikawa.


Os representantes da Asociación Xaponesa de Axencias de Viaxes viaxaron ata a comunidade galega para coñecer de primeira man os seus recursos turísticos e afondar no Camiño de Santiago, do cal afirmaron, “constitúe un referente internacional no fenómeno das peregrinacións”.


A delegacion xaponesa co a Directora de turismo


No encontro, a delegación nipona mostrou grande interese por diversos asuntos relacionados co Camiño de Santiago e co turismo enolóxico de Galicia.


Durante a reunión, a directora de Turismo de Galicia, incidiu nas numerosas similitudes que comparte a nosa comunidade con Xapón destacando, ademais da cultura de peregrinación e as dúas rutas declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO -Camiño de Santiago e Camiño Kumano-, a Ribeira Sacra e o seu parecido coa prefectura de Wakayama, a tradición milenaria que atesouran os dous territorios, as rías e o termalismo, entre outros aspectos.


Nava Castro salientou a boa relación existente entre a comunidade galega e o país nipón dende a visita do Príncipe Naruhito a Galicia no ano 2013, onde tivo a oportunidade de percorrer un tramo do Camiño de Santiago, visitar o mirador do Monte del Gozo e coñecer a catedral e o seu famoso botafumeiro.

Así mesmo, a responsable de Turismo de Galicia salientou a participación da Xunta de Galicia unha edición máis, por terceiro ano consecutivo, na Feira de Turismo de Tokio, JATA, na que deu a coñecer aos axentes profesionais e ao público o destino Galicia.


 O secretario xeral da Asociación xaponesa de axencias de viaxes JATA, Nobuyuki Ikeda, trasladoulle á responsable de Turismo de Galicia o seu interese por asinar un convenio de colaboración ao obxecto de afondar no proceso de desenvolvemento e consolidación de promoción do Camiño de Santiago e traballar conxuntamente nas dúas rutas de peregrinación.


Rías Baixas .

Tras a reunión , a delegación mudouse para a súa solicitude ao Rías Baixas , onde foi recibido polo presidente do Clúster de Turismo Galicia , Francisco González . O mércores , os representantes xaponeses fixeron un tour por as Illas Cíes .


Máis de 13 mil turistas xaponeses viaxaron a Galicia no 2014


Todas as actividades e compromisos adquiridos por Turismo de Galicia co país nipón están repercutindo de forma directa na chegada de turistas e peregrinos procedentes de Xapón a nosa comunidade.


O pasado ano 2014 viaxaron á nosa comunidade máis de 13.000 turistas procedentes de Xapón o que supuxo un total de 20.300 pernoctacións nos establecementos hoteleiros de Galicia.                                                       A delegación xaponesa co Presidente do cluster Turistico


O mercado xaponés experimentou así no pasado ano un incremento de viaxeiros aloxados de máis do 27% e dun 17% o volume de pernoctacións do anterior ano 2013.


En canto ao número de peregrinos, no pasado ano recolleron a Compostela un total de 1.095 peregrinos xaponeses.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE