#Claves de la semana

Jesús Vázquez, anuncia a posta en marcha dun Plan Municipal de Emerxencias e Seguridade Vial

A proposta do PP para o Concello de Ourense inclúe a potenciación dos servizos de bombeiros, policía local e protección civil


|

Ourense, 27 de abril de 2015.- O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, anunciou hoxe que o seu partido contempla dentro do programa electoral popular a elaboración dun Plan Municipal de Emerxencias e Seguridade Vial -xa solicitado en reiteradas ocasións e mediante dúas mocións neste mandato por parte do PP-, co que os populares pretenden mellorar a actuación ante posibles emergencias e as actuais condicións do tráfico da cidade con actuacións específicas en aspectos coma o acceso a centros educativos.


Neste eido, o Partido Popular tamén inclúe un novo programa, denominado "Ceda o paso" co que se tenta fomentar a cultura da seguridade vial e a interrelación entre os cidadáns e a policía local.


 Melloras para bombeiros e policía local

No eido da seguridade vial, para o Partido Popular resulta "imprescindible potenciar os servizos de bombeiros, policía local e protección civil, porque son esenciais para a seguridade na nosa cidade e actualmente teñen un número de efectivos que está moi por debaixo do necesario para prestar un bo servizo", dixo o alcaldable popular.

Jesús Vázquez considera que "o corpo municipal de bombeiros e a policía municipal son dous servizos de gran importancia e sensibilidade, porque actúan en momentos especialmente difíciles e delicados, que precisan eficacia e rapidez e para eso compre que estean dotados convenientemente, tanto en medios técnicos coma humáns", polo que se compromete a acometer esas melloras a curto prazo.

O candidato do Partido Popular aboga "por un diálogo permanente entre o futuro goberno popular e os diferentes servizos municipais" para gañar en eficiencia.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE