III Edición do Concurso "Cociñar con Ribeiro" celebrada en Ribadavia(Ourense)

O IES Vilamarín,(Ourense) ganador do certame 2015 “Cociñar con Ribeiro”


|

iesvil1.jpg

Un xurado multidisciplinar valoraba, na aula de actividades da feira, a preparación “in situ” e o resultado das tres receitas finalistas, presentadas polo C.I.F.P. Carlos Oroza (Mexillón en salsa Ribeiro), o xa citado I.E.S. Vilamarín e o I.E.S. Fraga do Eume (Semifrío de uva). 


A receita “Rape con costra de moluscos, salsa de cenoria e aroma de Ribeiro” o IES Vilamarín impoñíase aos outros dous finalistas do concurso “Cociñar con Ribeiro”. A fase definitiva deste certame tiña lugar na tarde do 2 de maio no marco da 52ª Feira do Viño do Ribeiro, en Ribadavia.



Prato ganador do concurso "Cociñar con Ribeiro".

Prato ganador do concurso “Cociñar con Ribeiro”.


O primeiro premio recaía na do IES ourensán, que foi elaborada por Antonio Caride Martín (brigada mestre) e polos alumnos Raquel Castro Diéguez, Cristina Martínez Nieto e Javier Rey Vázquez.


Conchi Peiteado, que exercía como presidenta do xurado, referíase na súa intervención á profesionalidade e gran nivel de todos os participantes na final do concurso, mentres que o presidente do CRDO Ribeiro, Miguel Ángel Viso, agradecía aos concursantes a súa dedicación e a colaboración dos membros do xurado. E ademais, Viso amosábase satisfeito por ter acadado os obxectivos do concurso.


A brigada ganadora acompañada polo presidente do C.R.D.O: Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez.

A brigada gañadora acompañada do presidente do C.R.D.O: Ribeiro, Miguel Ángel Viso.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE