#Claves de la semana
LORES ASPIRA A SER O MÁIS VOTADO

Lores (BNG): "vai ser moi difícil chegar a acordos"

Non comparte os límites de mandato que fixa o Bloque porque ve "ridículo" e "sen pés nin cabeza" cambiar un equipo que funciona Afirma que o Concello "é a única oposición firme" a que Ence saia da ría e o BNG, "a garantía de recuperar a ría"



|

O alcalde de Pontevedra e candidato á reelección polo BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, advertiu de que "vai ser moi difícil chegar a acordos" cos demais grupos políticos despois do 24 de maio, debido ás posturas "maximalistas" que lles atribúe ás demais candidaturas, incluída, dixo, a de Marea de Pontevedra.


"Nós imos traballar para conseguir a maioría suficiente, con toda humildade e posicionando a Pontevedra para mellorar a calidade de vida de todos os pontevedreses,", defendeu nunha entrevista concedida a Europa Press. Ao respecto, Lores asegurou que mantén "moita ilusión" e que observa "moita receptividade dos cidadáns".


O rexedor nacionalista sabe que "o verdadeiro referendo" vai ser o próximo 24 de maio, se ben aventura que, "probablemente, vai ser a lista máis votada". "Pero ata onde chegaremos... Non sei cál é o límite", sostivo.

Malia que apelou á "historia de pactos" que tivo lugar na cidade pontevedresa, os cales avaliou "positivamente", o seu obxectivo, como revelou, é "conseguir esa maioría absoluta para gobernar"


Neste sentido, indicou que, cando non hai maiorías absolutas, hai cuestións que non se poden facer e que "se farían se se tivese" e esta situación viuna como algo positivo nalgúns casos. Por este motivo, admitiu que, "ás veces, é conveniente repensar as cousas" e se mostrou "partidario" de "negociar as cousas


Con todo, asegurou que, "nos últimos tempos, hai posicionamentos dos outros grupos que van en contra da liña de flotación do goberno, de seguir avanzando". "E moito témome que vai ser complicado chegar a acordos no futuro", expuxo.


PACTAR CO PSOE


Preguntado por se vai ser máis difícil pactar co PSOE --os seus socios de goberno nos últimos 16 anos-- tras o 24 de maio, Fernández Lores apelou á postura "absolutamente incomprensible" que, ao seu xuízo, está a manter o PSOE en cando á planta de compost.


Esta planta, en palabras do alcalde, "ten a anuencia dunha parroquia" e permitirá "aproveitar" a materia orgánica para recuperar o monte, previr incendios e reverter o gasto nos lixos. Ademais, engadiu, "non hai xustificación ambiental (para opoñerse), porque non leva consigo nin fumes nin malos olores. "É unha oposición política e partidaria", denunciou.

Neste escenario, Miguel Anxo Fernández Lores insistiu en que a súa formación é "partidaria de chegar a acordos con todo o mundo en beneficio do interese xeral". "Logo, se non é posible, ou non hai maioría absoluta, intentaremos chegar a acordos puntuais", agregou.


Por iso, considerou necesario que "os cidadáns sexan conscientes de que vai ser moi dificultoso chegar a acordos, porque as distintas forzas políticas que se presentan ás eleccións están en posicións maximalistas e están en contra dunha evolución normal e do modelo urbano que se está a defender".


REPETIR NO CARGO


Tras 16 anos de goberno, Lores afirma que afronta estas eleccións para no que sería o seu quinto mandato co obxectivo de "consolidar o modelo e trasladalo onde aínda non chegou, como ás parroquias". AO seu xuízo, é o momento de "sacar a máxima rendibilidade" ao modelo implantado, porque é agora "despois de 16 anos" cando "se está a percibir na súa práctica totalidade".

Para Fernández Lores, que "espera colgar as botas no Concello de Pontevedra", aínda que non desvelou cál é o horizonte nese sentido, é "ridículo estar a cambiar cada catro ou oito anos" de equipo cando este funciona, porque "pasan pronto" e "desenvolver un modelo de cidade con sentidiño, planificando e con tempo iso leva moito tempo".


"E o que é ridículo, e non ten nin pés nin cabeza, é estar a cambiar cada catro anos de equipo, que fai que se perda moito tempo e moita rendibilidade", apostilou. 


É por iso que asegurou que "non" comparte "absolutamente para nada" a "posición do BNG" de limitar os mandatos a dous. "Cando hai un equipo de xente con capacidade de traballo, honradez e con ideas hai que aproveitalo para sacar a máxima rendibilidade e ser outros os criterios os que se utilicen", abundou, pero, non obstante, rexeitou que se considerar unha "excepción" ou algo "excepcional"

Ao respecto da súa xestión e sobre transparencia, ao a preguntado polos casos de corrupción que salpicaron ás principais cidades galegas, o alcalde pontevedrés defendeu puido haber algunha cuestión de "irregularidade administrativa, pero nunca nada que ver coa corrupción".

"Nós estamos encantados de que se investigue todo, de feito, o PP investigou todo e non atopou nada, como debe ser, ademais," subliñou Lores, despois de explicar que no caso da 'Operación Parrulos', os investigadores só levaron "un patrocinio" dunha empresa que puxo a súa publicidade na Cabalgata de Reis.

Fronte ás acusacións de falta de transparencia, Lores rebateu que "está todo absolutamente publicitado" e atribuíu as queixas a "que lago terán que dicir". En canto á entidade de Transparencia Internacional, que os sitúa na parte baixa da táboa avisou de que "necesitaríanse 15 días e tres funcionarios para enviar a información e hai máis cousas que facer que encher cuestionarios que manda unha entidade".

"Os que salguen como concellos máis transparentes son os que máis corrupción teñen, polo menos aparentemente. Máis que un baremo de transparencia, parece un baremo de corrupción", asegurou Fernández Lores, quen insistiu en que o Concello "non ten nada que ocultar".

FUTURO DE ENCE

Sobre o futuro de Ence, Fernández Lores afirmou que o BNG é "garantía de que algún día se poida recuperar a ría". "As competencias non son nosas, eu nunca dixen que ía sacar ENCE da ría, dixen que ía loitar por recuperar a ría, por inverter a tendencia negativa no Lérez e na ría,", remarcou.


E preguntado por se esa batalla a vai gañar, contestou: "Honestamente, razoablemente e convenientemente, vaina gañar o Concello, pero dependemos de decisións que non só son do Concello de Pontevedra".


Así mesmo, considerou que a "garantía dende o punto de vista político", aínda que significou que "dende o punto de vista social non" é o único apoio, ao respecto do que destacou o labor da cidadanía e de entidades e asociacións ecoloxistas.


"VALENTE TOUREIRO"

Para o candidato do BNG, que Jacobo Moreira, o cartel do PP, diga que quere impulsar as corridas de touros, é ser "un valente toureiro, un auténtico toureiro".


"Nós non estamos de acordo cos touros e, dende que entramos no goberno, non ten máis relación coa praza de touros que o uso do espazo para certas cuestións que nos poden interesar aos cidadáns", defendeu, en referencia ao convenio de 48.000 euros asinado cos propietarios deste espazo.

Lores defende este convenio, criticado dende outras instancias, sobre a base de que o Concello dispón do espazo da praza "tódolos días do ano" salvo cando hai corridas de touros. "Hai xente que está a favor de promover e ascender, e ten dereito, pero nós estamos en contra de promovelos. A min paréceme un espectáculo degradante e non asistirei nin o apoiarei nunca", remachou.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE