GALICIA

A CIG mantén a convocatoria de folga en Movistar e denunciará a ‘esquirolaxe’ promovida pola Telefónica

Considera que o acordo de CCOO e UGT coas subcontratas e Telefónica-Movistar consolida a situación laboral irregular que padece o persoal


|


A CIG-Industria anunciaba esta mañá en rolda de prensa a súa intención de manter a folga convocada nas subcontratas de Telefónica-Movistar. Considera que o “pacto para a desconvocatoria de folga” asinado por CCOO, UGT, contratas e Telefónica Movistar consolida a situación de precariedade laboral do persoal destas empresas e non avanza ningunha solución ás demandas que levaron a convocatoria destas mobilizacións.


O secretario nacional de CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas Aboi, denunciou que neste pacto pola desconvocatoria da folga non se exixe o cumprimento dos convenios colectivos provinciais. “O único que fai é desregularizar, porque aínda que sobre o papel din que se van cumprir logo figura expresamente que se abre a traballar sábados todo o día e mesmo festivos”.


No que se refire a subcontratación tampouco hai ningún punto que comprometa ás empresas a que non vai a haber subcontratación en escala até o segundo e terceiro grao. “Queda aberto e polo tanto non hai limitación para que só se poida facer en primeira subcontratación, nin se evita a posta a disposición de traballadores para outras empresas”, explicou.


Tampouco se chega a un compromiso para asegurar a subrogación dos traballadores e garantir a súa estabilidade nos postos de traballo de forma que “se unha subcontrata perdera o servizo, a empresa subcontratista tería que manter a eses traballadores. Porén isto non se garante en ningún punto”, denunciou.


Diante disto e á vista de que non se cumpre ningunha destas demandas o secretario nacional da CIG-Industria afirmou que “non podemos aceptar este tipo de acordos. Para nós o problema está fundamentalmente nestes tres puntos e non imos desconvocar a folga”.


Denuncia ante a Inspección


Xoán Xosé Bouzas anunciou ademais a decisión do comité de folga de denunciar perante a Inspección que as empresas están traendo traballadores doutras partes, que Telefónica está substituíndo a persoal en folga polos seus propios traballadores e que se está contando con esquiroles, moitos deles falsos autónomos, “para romper a folga”.


Tamén anunciou que se está estudando xuridicamente a impugnación do pacto porque no mesmo se estabelece trasladalo ao Acordo Estatal do Sector do Metal, para que pase a formar parte do texto do mesmo. “ A CIG é sindicato máis representativo, estamos na comisión estatal deste acordo e con nós non se consultou para nada este asunto para que poida ser incluído. Entendemos que estamos lexitimados para estar nesa mesa, tiñamos que ter sido convocados para participar nesas negociacións, pero fomos excluídos”, denunciou o secretario nacional da CIG-Industria.


Papel de CCOO e UGT


A este respecto Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva, explicou o papel de “lavado de cara” de CCOO e UGT neste conflito. Lembrou que ningún destes sindicatos participara na convocatoria inicial de folga, á que se apuntaron cando o conflito estoupa en todo o Estado, pero cunha convocatoria parcial de dous días á semana “que é como nada”.


Alcántara entende que esta convocatoria foi ao ditado da propia Telefónica co obxectivo de poder participar así na mesa de negociación. “Telefónica dilles: vostedes, que son sindicatos maioritarios no Estado, pero aquí non teñen representación nin forza ningunha, apúntense e imos montar unha mesa, pero primeiro teñen que convocar un paro. Unha vez convoquen montámola e imos decidir o que queremos nós que saia para intentar desmobilizar e desconvocar a folga. As contratas van porque Telefónica dilles que negocien con CCOO e UGT e cos demais nin auga”.


O resultado é este Pacto para a desconvocatoria de folga no que se manteñen as condicións precarias que provocaron as mobilizacións sen arranxar a situación laboral duns traballadores aos que se lles “desconta o gasóleo, non se lle pagan as dietas, traballan en sábados, fan xornadas de once horas, están sobreexplotados”, denunciou. “Teñen tanta cara como para asinar que as horas extraordinarias vanse pagar como un plus de saída, por debaixo do valor dos convenios colectivos” engadiu.


Para o secretario confederal de Negociación Colectiva, malia ese pacto e tal e como está o conflito “por moito que o intenten non o van desmobilizar” porque o que queren os traballadores en folga é, nin máis nin menos que a lei se cumpra con eles. “Teñen a súa xornada, teñen os seus dereitos, deben ter o seu salario e iso é o que hai que facer, non pode estar en cuestión”.


Solidariedade da sección sindical da CIG de Telefónica


Pola súa banda Antonio Lima, secretario da sección sindical da CIG en Telefónica e delegado no comité provincial de Pontevedra manifestou a solidariedade dos traballadores de Telefónica cos compañeiros en folga e anunciou que a CIG está promovendo dentro da empresa un calendario de mobilizacións que se acordará previsibelmente o vindeiro martes, data na que se valorará tamén estender a convocatoria de folga á propia Telefónica.


Deste xeito queren denunciar a asignación de tarefas dos traballadores en folga a persoal de telefónica, “porque isto é claramente ilegal, contrario ao Estatuto dos Traballadores e á Lei de Folga. Pretenden obrigarnos a actuar como esquiroles”, asegurou. Xunto a isto anunciou tamén que demandarán “a igual traballo, igual salario”. Expliou que “estes traballadores fan o mesmo traballo que os de Telefónica, pero cunhas condicións laborais inferiores” e adiantou que esta demanda forma parte da táboa reivindicativa da negociación do convenio.

Última hora

1 Comentarios

1

A lesxislacif3n exittrense ata agora xa permiteda e1s empresas descolgarse dos convenios en determinadas condicif3ns. Agora a situacif3n queda de tal forma que ao empresariado de1nselle todas as facilidades para facelo de forma indiscriminada, ou se queres, con absoluta facilidade.Por outro lado, os convenios tame9n forman parte do modelo econf3mico, os empresarios sabedan que competedan en igualdade de condicif3ns no relativo a costes salariais, a mellora da competitividade debeda vir a trave9s de melloras da calidade do producto, relacif3n calidade-precio, iunnovacif3n, Agora, a mensaxe que no goberno lle este1 a dar e1 clase empresarial e9 que a ff3rmula para ser me1is competitivo sere1 mediante o recurso de baixar os custes salariais, ben rebaixando os salarios, ben reducindo postos de traballo, algo que nos acerca a modelos de precarizacif3n de npaedses do Terceiro Mundo, e sepe1ranos me1is do acercamento a un novo modelo productivo me1is acorde coa Sociedade do Cof1ecemento e dos paedses punteiros da OCDE.Cordiais safados e perdf3n por contestar tan tarde, pasf3useme o teu comentario.

escrito por William 27/jul/15    06:41

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE