#Claves de la semana
ALCOBENDAS(MADRID)

Meritorio empate en Alcobendas (25-25) dun Teucro que non cede nin co título no peto

Os de Quique Domínguez quixeron deixar claro que as celebracións e festexos non lles ían distraer do seu obxectivo de pechar unha tempada extraordinaria

 

|


Partido entre Teucro e Alcobendas no Municipal


Nin co ascenso e o título asegurado cede no seu rendemento o Teucro. Nunha pista sempre complicada como a de Alcobendas, os de Quique Domínguez quixeron deixar claro que as celebracións e festexos non lles ían distraer do seu obxectivo de pechar unha tempada extraordinaria tirando os dous partidos que quedaban por disputar.


E iso que o primeiro era todo un reto. O Alcobendas xogábase gran parte das súas opcións de seguir aspirando ao sexto posto, o último que dá opción a disputar o play-off de ascenso. Nin con esas. O Teucro fixo un partido serio, sen concesións ao rival, como querendo co empate deixar claro que o seu título non dependía de que o Octavio tivese vencido ao Go Fit, senón que eles estaban en condicións de conseguir por si mesmos o punto que lles faltaba hai unha semana.


O partido tivo dúas fases ben diferenciadas. Na primeira parte o Teucro dominou con autoridade dende o inicio, chegando a dispoñer dunha máxima vantaxe de catro goles (6-10) superado o minuto 20 de partido, pero na segunda a igualdade foi a tónica que presidiu o xogo.


Os locais, que comezaron excesivamente nerviosos, como agarrotados pola responsabilidade,reaccionaron nos últimos dez minutos antes do descanso, conseguindo poñerse a un só gol.


Na reanudación Alcobendas conseguiu dar a volta ao partido, aínda que as súas vantaxes nunca superaron os dous goles, sucedéndose os empates. Así se chegaría aos últimos minutos. con Carlos García como protagonista, primeiro para lograr o empate a 24, a falta de algo máis de dous minutos, logo para neutralizar o gol de César Beret, poñendo no luminoso o 25-25 definitivo, a falta de 42 segundos, para rematar cunha exclusión que fixo aoTeucro defender en inferioridade os últimos 26 segundos de partido ata rematar levándose un xusto empate.


UCAM BM. ALCOBENDAS (25): Carlos Calle (1), Andrés Delgado; Javier Barba (2), Carlos Barroso, César Beret (6), Manuel Catalina, Sergio García (1), Ignacio Gimeno (1), Sebastian Kramarz (7), Antonio Llopis (2), Miguel Núñez (2), Adrián Prieto (2), Gonzalo Velasco (1), Pablo Díez, Alberto Gómez e Santiago López.


SD TEUCRO (25): Ricardo Amérigo, Iago Gómez; Gonzalo Carró, David Chapela (1), Marcos Dorado (2), Borja Pedreira (2), Carlos García (6), David García Pichel (6), Dani Hernández (3), Edu Moledo (3), Adrián Pumar, Víctor Rodríguez (1), Iván Fernández (1) e Carlos Pombo.


Árbitros: Jordi Ausas Busquets e Miquel Florenza Virgili (Cataluña). Excluíron dous minutos a Sebastian Kramarz, Sergio García e Adrián Prieto, polos locais, e a Carlos Pombo, Víctor Rodríguez, Gonzalo Carró, Carlos García e Borja Pedreira, polo Teucro.


Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 3-4, 4-7, 6-9, 8-10, 11-12 (descanso), 13-14, 17-16, 19-17, 22-20, 23-22 e 25-25 (final).


Incidencias: Pavillón Municipal de los Sueños (Alcobendas-Madrid). Uns 300 espectadores.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE