#Claves de la semana
DURANTE CASE DÚAS HORAS

A número 2 da lista do PP na Coruña declara como imputada

Tamén o fixo a número 8 da candidatura dos populares, a raíz da denuncia dunha extraballadora municipal


|

1433500288627.jpgRosa Gallego

A Tenente de alcalde en funcións de Facenda do Concello da Coruña e número 2 na candidatura do PP nestas eleccións municipais, Rosa Gallego, declarou durante case dúas horas, ante a titular do Xulgado de Instrución número 8, tras a denuncia formulada contra ela, por presunta prevaricación, por parte dunha extraballadora municipal.


"Non falei antes e non vou falar agora", sinalou Gallego á súa chegada aos xulgados pouco antes das 10,00 horas e acompañada dun avogado do Concello.


1433500288544.jpg

Begoña Freire 

A mesma postura mantivo á súa saída, tras prestar declaración como imputada, durante case dúas horas, ante a titular do Xulgado de Instrución número 8 da Coruña.


Á saída, unicamente precisou que fará unha valoración "cando remate", engadiu sobre o procedemento xudicial iniciado tras a denuncia contra ela e a concelleira de Mobilidade e número 8 da candidatura, Begoña Freire, quen tampouco quixo facer declaracións á súa chegada.


ORIXE DA DENUNCIA


Ambas as dúas foron citadas este venres a declarar "por un delito sen especificar" tras a denuncia presentada por unha extraballadora municipal, que tamén denunciou ao exdirector da área de Mobilidade, Luis Fernando Roade, -que xa prestou declaración- e ao que considera autor de "trato degradante".


O presunto delito de prevaricación ás dúas concelleiras impútallos a denunciante, "non a xuíza". Tamén indicaron que, tras remitirse o caso á Fiscalía, esta propuxo que se chamase a declarar as dúas ediles, como aconteceu xa no caso do anterior director de Mobilidade.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE