#Claves de la semana
CO PROGRAMA 'GALEUROPA'

Uns 500 mozos poderán realizar prácticas en países europeos

O Diario Oficial de Galicia publica mañá, luns 15 de xuño, a orde que regula esta iniciativa para menores de 25 anos

 

|

Uns 500 mozos galegos poderán realizar prácticas nunha trintena de países europeos en virtude do programa ‘Galeuropa’, que conta cun orzamento dun millón de euros.


O Diario Oficial de Galicia (DOG) o luns 15 de xuño a orde que regula o Programa de Movilidade Transnacional Xuvenil ‘Galeuropa’, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e a súa convocatoria para o ano 2015.


Esta orde, dotada cun millón de euros aproximadamente, enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. En concreto, tal e como precisou a Xunta nun comunicado, leste ten por obxecto a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades ou empresas públicas ou privadas de 31 países europeos.


PAÍSES EUROPEOS


Esta convocatoria, que prevé beneficiar este ano a 500 mozos galegos, está liderada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña. Así, as prácticas formativas poderanse realizar en Lituania, Hungría, Letonia, Estonia, Turquía, República Checa, Croacia, Eslovenia, Bulgaria, Romanía, Portugal, Eslovaquia, Malta, Grecia, Bélxica, Luxemburgo, Chipre, Alemaña, Austria, Países Baixos, Italia, Polonia, Francia, Islandia, Suecia, Finlandia, Liechtenstein, Irlanda, Reino Unido, Dinamarca e Noruega.


Con este programa, preténdese “promover” e “axudar a financiar” a “mobilidade” dos mozos galegos, ben concedendo “axudas individuais” aos mozos participantes ou ben mediante concesión de axudas a proxectos de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades de competencias en idiomas estranxeiros.


O prazo de solicitude será dun mes desde este martes e, pola súa banda, a duración das prácticas formativas será de dous meses consecutivos, no caso de axudas individuais a mozas, e de mínimo de dous meses e máximo de tres meses consecutivos para axudas a proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro e por entidades locais ou agrupacións de entidades lcoales, sempre antes do 30 de novembro deste ano.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE