#Claves de la semana
PONTEVEDRA TEXIDO INDUSTRIAL

Ence anuncia un plan de investimentos para continuar na ría de Pontevedra

A papeleira di que quere "establecer un diálogo canto antes" coas administracións públicas, comezando polas locais e os colectivos cidadáns e empresariais.


|

Fabrica de ENCE, en Pontevedra


Ence Energía y Celulosa quere seguir na ría de Pontevedra. Por iso, reiterou o seu "firme compromiso" co coidado do ámbito natural de Pontevedra e coa calidade de vida dos veciños e avanzou un plan de investimentos en proxectos de mellora para "garantir, en todo momento, a excelencia ambiental das súas instalacións".


A través dun comunicado, a empresa suliña que, aínda que xa se anunciaron investimentos por máis de 70 millóns de euros en Pontevedra, esta é só "unha parte do importe" que prevén destinar a construír, no caso de que se obteña a prórroga da concesión, unha fábrica "máis competitiva, ecolóxica e eficiente".


Para iso, desexa "establecer un diálogo canto antes" coas administracións públicas, comezando polas locais e os colectivos cidadáns e empresariais.


Un anuncio que chega logo de coñecerse o informe-proposta de resolución do Servizo de Costas de Pontevedra no expediente de caducidade da concesión da fábrica de Lourizán. Un informe que consideran "positivo", porque non afecta as súas instalacións produtivas.


Engade que este informe "resta crédito con gran contundencia argumental" ás teses defendidas por "determinadas voces" que apuntaban a "motivos administrativos" que derivarían no peche da fábrica, na que traballan 330 persoas.


"Consciente da importancia da súa actividade para o ámbito e os veciños como principal empresa da comarca", Ence expresou o seu "total compromiso e disposición" para colaborar e axudar na solución de problemas que, "aínda que non sexan responsabilidade súa", engade, inciden en "a calidade ambiental da ría e nas posibilidades de desenvolvemento económico social".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE