#Claves de la semana
SANTIAGO DE COMPOSTELA HOXE

Colm Toibin, Javier Cercas e Pedro Feijóo volven a facerse co XXI Premio Arcebispo Juan de San Clemente

Así o deron a coñecer este martes os escolares que participaron no xurado deste premio, coñecido por contar cun xurado “independente” formado por alumnos de institutos de Secundaria.



|


Anuncio do fallo do xurado


Os escritores Colm Toibin, Javier Cercas e Pedro Feijóo repetiron como gañadores no Premio Arcebispo Juan de San Clemente ao facerse cos galardóns da XXI edición nas categorías de novela estranxeira, novela en lingua castelá e novela en lingua galega. Así o deron a coñecer este martes os escolares que participaron no xurado deste premio, coñecido por contar cun xurado “independente” formado por alumnos de institutos de Secundaria.


Como novidade, nesta ocasión o xurado estivo composto tamén por alumnos de Secundaria de institutos de Inglaterra, Francia, Alemaña e Portugal, segundo explicou o director do Instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda. Así mesmo, os escritores seleccionados como finalistas, por primeira vez, gañaran xa con anterioridade este galardón.


Rueda asegurou que este premio supón “un soño que parecía imposible e faise realidade” e sostivo que coa súa convocatoria e prestixio que se incrementa ano a ano, “coloca aos alumnos dos centros galegos no mapa global” da cultura.


LINGUA GALEGA


No ámbito de novela en lingua galega o premio decidíase entre ‘A lúa da colleita’, de Anxos Sumai; ‘A memoria da choiva’, de Pedro Feijóo; e ‘Somnámbulos’, de Suso de Toro. Con cinco votos de 10, o gañador foi Pedro Feijóo, que xa se fixo con este galardón na XIX edición coa novela ‘Fillos do mar’.


Nesta ocasión, o xurado destacou a “linguaxe coloquial” e “próxima” empregada polo autor, así como o seu “importante labor de documentación” e a facilidade coa que ‘A memoria da choiva’ achega ao lector “ao mundo rosaliano”.


NOVELA ESTRANXEIRA


No ámbito da novela estranxeira, na que competían Amélie Nothomb, Jonathan Coe e Colm Toibin, o gañador foi este último coa súa obra ‘El testamento de María’. O xurado destacou desta obra a súa “crítica” ao comezo da relixión cristiá e o punto de vista alternativo que ofrece, plasmando “os sentimentos dunha nai preocupada polo seu fillo”. O irlandés Colm Toibín gañou en 2011 o XVII Premio Arcebispo Juan de San Clemente pola súa obra ‘Brooklin’.


EN LINGUA CASTELÁ


Finalmente, Javier Cercas opúxose aos seus adversarios -Javier Marías e Luís Landero- na categoría de novela en lingua castelá, facéndose con 12 dos 16 votos outorgados polo xurado. O escritor estremeño gañou no ano 2006 o XII Premio Arcebispo Juan de San Clemente coa novela ‘La velocidad de la luz


De ‘El impostor’, os escolares participantes no premio destacaron o seu carácter de “non ficción” próximo “ao ensaio” e a “reflexión sobre a mentira” que obriga a facer ao lector, analizando a súa propia actuación ante o mundo.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE