#Claves de la semana

O Sergas realizará novos cribados en Arcade (Pontevedra) entre este luns e o xoves

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizará novos cribados poboacionais con PCR no porto de Arcade, entre este luns e o xoves, "para reducir a cifra de contagios de coronavirus" no concello de Soutomaior (Pontevedra).

|

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizará novos cribados poboacionais con PCR no porto de Arcade, entre este luns e o xoves, "para reducir a cifra de contagios de coronavirus" no concello de Soutomaior (Pontevedra).

Tal e como indicou a Consellería de Sanidade a través dun comunicado, a Administración sanitaria convocará, vía SMS telefónico, á poboación da localidade de Soutomaior de entre 20 e 49 anos de idade que teñan a tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde do municipio, un colectivo que neste concello alcanza as 1.960 persoas.

Para levar a cabo os cribados, a área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés contará no porto de Arcade con dous equipos de enfermaría en cada quenda, que efecturarán "tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, extracción das mostras nasofarínxeas e informarán os usuarios".

Unha vez analizadas as mostras no laboratorio de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, os resultados positivos notificaranse directamente por vía telefónica, mentres que os negativos serán comunicados por SMS nun prazo de entre 24 e 48 horas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE