#Claves de la semana
SEGUN O INFORME DO IGE

Medra o número de fogares que chegan con dificultades a fin de mes en Galicia, e xa supoñen o 61,1%

  • O 27,45% non se permitiu ningún gasto extra, como vacacións ou viaxes
  • As medidas 'estrela' dos cidadanos para aforrar son acudir a marcas brancas yereducir gastos en transporte, roupa ou calzado
  • A confianza dos consumidores gallgos caeu en case dous puntos por descenso de ingresos


|

O número de fogares que chegan con dificultade ou moita dificultade a fin de mes en Galicia creceu no segundo trimestre deste ano até o 61,1%, segundo o informe feito público este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE)


Así, este 61,1% é superior ao 58,3% dos fogares galegos que chegaban con dificultade ou moita dificulta a fin de mes no primeiros tres meses de 2015, e tamén supera o 59,4% respecto ao segundo trimestre de 2014.


Se un 41,64% de galegos declaraba chegar con facilidade ou moita facilidade a fin de mes no primeiro trimestre deste ano, produciuse unha caída no seguintes tres meses até o 38,9%.


Con todo, aínda que entre abril e xuño aumentou en 8,5 puntos a cantidade de galegos que chegan con dificultade a fin de mes fronte ao tres meses anteriores, houbo un descenso en 5,72 puntos nos que chegan con moita dificultade.


UN 27% NON SE PERMITE COMPRAS EXTRAS


Por outra banda, a Enquisa conxuntural a fogares do IGE, recolle que o 27,45% dos fogares galegos non se permitiu ningúns extra --gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou extras de alimentación ou roupa, entre outros-- no tres últimos meses.


A medida máis habitual tomada polos fogares para aforrar foi cambiar hábitos de compra con marcas brancas ou ofertas (un 11,17%); mentres que un 10,59% reduciu gastos comúns de transporte ou roupa e calzado.


Así mesmo, o 62,73% dos fogares galegos ha pensado saír a cear, as cafetarías, ir ao cinema ou ao teatro no próximos tres meses, unha porcentaxe que crece respecto ao 56,62% do trimestre anterior.


A 37,15% busca aforrar algo de diñeiro (antes era o 35,55%); o 19,33% pensou en pagarse unhas vacacións, viaxes ou estadías de lecer e o 9,42% en facer fronte a imprevistos ou grandes compras.


Noutra orde de cousas, un 20,78% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal que compraron, o 7,86% o coche e o 2,52% unha segunda vivenda.


A CONFIANZA DO CONSUMIDOR DESCENDE


Neste informe tamén se sinala que a confianza dos consumidores galegos ha caído en case dous puntos respecto ao primeiro trimestre do ano. Aquí, identifícase que canto menores son os ingresos dos fogares máis cae a confianza.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE