TRES INCENDIOS HOXE EN OURENSE

Un incendio provocado en Ourense arrasa xa 100 hectáreas e achégase á cidade

|

Bombeiro loitando co fogo esta tarde en Palmés (Ourense)

Un incendio, ao parecer provocado, en Palmés, nas proximidades do centro urbano de Ourense, achegouse perigosamente a zonas habitadas, o que levou á Consellería do Medio Rural e do Mar a declarar ás 17.45 horas deste martes, como medida preventiva, a'Situación 2'.


Un home foi detido como presunto autor deste lume, segundo puido saber este medio informativo e recolleu tamén a axencia Europa Press.


O incendio iniciouse ás 16.03 do martes e permanecía activo nas primeiras horas do mércores. En seis horas, segundo unha estimación provisional de superficie facilitada pola Xunta ás 9.52, arrasou 100 hectáreas de terreo.


A Situación 2 é unha situación operativa de urxencia que se declara porque o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais e require a adopción inmediata de medidas de protección e socorro, segundo informou a Xunta nun comunicado.


As mesmas fontes indicaron que no control do lume traballan 3 axentes forestais, 12 brigadas, 4 motobombas, 6 helicópteros e 10 avións.


EVACUADOS DOUS MEMBROS DO OPERATIVO


Un axente forestal e un brigadista tiveron que ser evacuados por un posible intoxicción de fume. Ambos foron trasladados a senllos centros médicos da capital ourensá e evolucionan favorablemente.

Ata a zona trasladouse o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, para coordinar tanto os traballos de extinción como as medidas de protección adoptadas.

LUME EN VILARDEVÓS

Tamén permanece activo outro incendio forestal no concello ourensán de Vilardevós , na parroquia de Arzádegos .

O lume iniciouse ás 18.07 horas deste martes e, segundo as estimacións provisionais facilitadas ás 22.30, a superficie afectada é de 55,7 hectáreas arboredos.


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress