#Claves de la semana
PONTEVEDRA

O conselleiro de Industria asegura que "Elnosa está nunha situación moi similar á que se encontra Ence"

"Elnosa está nunha situación moi similar á que se encontra Ence".


|


O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, asegurou que "Elnosa está nunha situación moi similar á que se encontra Ence".


Trátase dun primeiro paso nas reclamacións formuladas polo comité de empresa de Electroquímica do Noroeste SA (Elnosa), que esixiu á Xunta e ao Partido Popular o mesmo trato legal e político que está a recibir Ence, despois do apoio explícito do PP en Pontevedra á continuidade da pastera en Lourizán.


Francisco Conde non chegou a apoiar explicitamente a continuidade da clorera pero si que dixo que "Elnosa ten que cumprir a normativa ambiental" que vén marcada pola Unión Europea e engadiu que "loxicamente, calquera obxectivo de permanencia na ría ten que pasar polo cumprimento da normativa ambiental".


Deste modo o conselleiro de Industria obvia o acordo asinado entre a empresa portuguesa CUF, propietaria da fábrica pontevedresa, e o exconselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que esixía o cesamento de xeito "improrrogable" da actividade de Elnosa na ría de Pontevedra a finais do 2016.


"No Goberno temos unha posición moi clara, que trasladamos en diferentes momentos, que é unha aposta pola industria e polo emprego. Neste sentido calquera obxectivo de permanencia na ría tanto de Ence coma de Elnosa pasa, en primeiro lugar e dunha forma taxativa, polo cumprimento estrito da normativa ambiental que ten que cumprir calquera empresa", sinalou o conselleiro Francisco Conde.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE