#Claves de la semana

Galicia asina un convenio con Fomento para impulsar a intermodalidade

A ministra de Fomento, Ana Pastor, destacou este mércores que o Eixo Atlántico da AVE, que conecta A Coruña e Vigo desde o pasado mes de abril, xa tivo “case un millón de viaxeiros”,


|


La ministra de Fomento, Ana Pastor (c); la conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Ethel Vázquez (3-d), y los presidentes de Renfe, Pablo Vázquez (d); Adif, Gonzalo Ferré (i), y Aena, José Manuel Vargas (2-d)


A Xunta de Galicia asinou este mércores un convenio de colaboración co Ministerio de Fomento , Aena, Adif e Renfe, para impulsar a intermodalidade e o transbordo de pasaxeiros no transporte público por estrada, ferrocarril e vía aérea na comunidade autónoma, un acordo que, ao seu xuízo, “facilitará aínda máis” a mobilidade.


A ministra de Fomento , Ana Pastor, que presidiu a súa firma, destacou aos xornalistas que se trata do primeiro acordo deste tipo en España e que este "vai pór en valor as infraestruturas e o transporte público que temos xa neste momento" en Galicia. Destacou este mércores que o Eixo Atlántico da AVE, que conecta A Coruña e Vigo desde o pasado mes de abril, xa tivo “case un millón de viaxeiros”, o que supón “toda unha marca non coñecida até agora” para unha liña con esas características. 


“É algo moi importante pero o máis importante é o que viñemos facendo tamén até agora, que é dotar a Galicia das infraestruturas que necesita para ser unha comunidade competitiva e cun transporte de calidade. O eixo atlántico neste momento, que xa tivo esa nova vía do século XXI que conecta Galicia do norte ao sur e do sur ao norte, xa tivo case un millón de viaxeiros”, afirmou.


Segundo explicou a ministra, que compareceu xunto á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta, Ethel Vázquez, o convenio asinado este mércores é o primeiro que se realiza en España deste tipo, e servirá para “mellorar a coordinación tan necesaria entre todos os medios de transporte”.


A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, explicou que se trata de pór en marcha un billete único, combinando os diferentes modos de transporte para desprazarse polo territorio galego.

Desta forma, o acordo permitirá mellorar "esa coordinación, tan necesaria, entre todos os modos de transporte, cada un dentro do ámbito da nosa competencia, matizou Pastor.

"Vaise a traballar para que se poida ter o billete único en Galicia no menor tempo posible", apuntou, para engadir que Fomento está aberto a asinar acordos deste tipo co resto de comunidades autónomas.

Pastor solicitou ao resto das institucións da comunidade a máxima colaboración "porque coa axuda de todos poderemos facer que a intermodalidade sexa unha realidade en Galicia".

Neste sentido, anunciou que vai pedir ao alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Nogueira, que mellore a rede de autobuses que son competencia municipal, para que a capital poida ser un exemplo de intermodalidade, especialmente na conexión co aeroporto e o movemento dentro da cidade.

Aínda que é "algo moi importante", ao seu xuízo, aínda o é máis "dotar a Galicia de infraestruturas que necesita para ser unha comunidade autónoma competitiva e cun transporte de calidade".

Pola súa banda, Vázquez insistiu na importancia do acordo para a comunidade, xa que permitirá que os diferentes modos de transporte se reforcen entre si, compartindo billete, coordinando horarios e frecuencias, e mellorando os puntos de parada e a información aos pasaxeiros.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE