#Claves de la semana
DENUNCIAN FRAUDE FISCAL MILLONARIO NA CRTVG

Denuncian á CRTVG por un fraude fiscal millonario

A CUT detectou infracotizacións nas nóminas do conxunto do persoal do ente público que segundo as súas estimacións superan os 4 millóns de euros e poderían chegar aos 15 millóns.


|

A CRTVG podería ter cometido un dos maiores fraudes á Seguridade Social dos últimos anos. A organización sindical CUT presentou este luns unhas denuncia en Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a Compañía de Radio-Televisión de Galicia por unha fraude concretada en diferenzas mensuais de cotización de entre 100 € e 700 € na nómina de cada un do case milleiro de traballadores e traballadoras da empresa nos últimos 4 anos.


Un fraude qu podería ter superado os 4 millóns de euros e chegar, segundo esta central sindical, aos 15 millóns. En xaneiro deste ano, cando aínda non se tiña unha perspectiva do alcance da infracotización millonaria, a CUT solicitara da dirección da empresa unha regularizacion urxente, que se deu só para os primeiros meses deste ano e, contrariando a legalidade, foi realizada detraéndolle cantidades aos propios traballadores e traballadoras que sufriron esta merma nas súas cotizacións.


Este incumprimento comezou, segundo a CUT, en 2010, coa desobediencia empresarial do mandato do RDLei 8/2010, de 20 de maio, de continuar malia os recortes sostendo a cotización de maio dese ano, "cunha tallada ilícita nas cotizacións do conxunto do persoal da empresa que agás excepcións, sufriu unha importante rebaixa".


"A CUT considera unha vergoña que, fronte ao seu deber de colaboración con outras Administracións e a exemplaridade que unha empresa pública baixo supervisión parlamentaria debe dar, durante todos estes anos os reiterados incumprimentos empresariais xogaran degradando e baleirando a imprescindíbel caixa da Seguridade Social, compromentendo o futuro das traballadoras e traballadores do ente, pero non só", denuncia.


Por iso, a central sindical demanda a inmediata asunción de responsabilidadespolíticas polo que considera "feitos gravísimos" e demanda explicacións inmediatas do Director Xeral do ente público sobre o acontecido ".Ao evidenciarse a nefasta xestión do ente público, a CUT entende que a conclusión non pode ser outra que o cese do Director Xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia e do seu equipo directivo como máximos responsables", suliña nun comunicado.


A CUT di que seguirá de perto a instrución de Inspección Laboral, colaborando coa Administración para regularizar a situación do cadro de persoal da empresa. Ao tempo fai un chamado a todos os traballadores e traballadoras afectados que cobraran a prestación de desemprego, maternidades, incapacidades, xubilacións, etc. -xa continúen en activo ou foran despedidos- a que presten atención ao curso desta denuncia. "Porque de prosperar abrirá unha vía incuestionábel para que recuperen os seus dereitos económicos perdidos", conclúe. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE