Catalunya mes que mai

José Luis Fernández Díaz
Colaborador

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. 

Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.

Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras. 

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

A actualidade volve governar as miñas preferenzas temáticas nos artigos de opinión. E non deixan de ser opinións, máis ou menos acertadas, as que reflicten a realidade que estamos a vivir no noso país. Nen a crise económica capitaneada polo paro e os recortes, nen a tráxica fuxida dos que escapan da guerra en Siria foi quen de tapar ou frear a tendencia indepedentista en Catalunya. Entre todos os acontecementos, o referendum de Escocia foi un respiro profundo e incerto, xa que non resultou disuasorio como algúns pensaban. Pero serviu de placebo. 


Parecía que no verao as cousas ían un pouquiño mellor para o nacionalismo español. Sí. Non se falaba tanto coma antes dun Mas fracasado nun Referendum fantasma. Porque, queiramos ou non, foi o nacionalismo español o que creou independentistas en Catalunya. Se vostedes prefiren chamarlle centralismo radical, tamén me vale; en todo caso Catalunya foi desprezada e non tivo o espazo que merece dentro do Estado Español. Por iso o leviatán resucitou con forza das cinzas.


Mal lles pese a moitos, Catalunya é unha nazón. Revisen os entendidos o concepto de nazón e o protagonismo clave que é a lingua. Poren Catalunya non é un Estado. A precaución do governo de alonxar a posibilidade de que a nazón Catalana se convertise en Estado (xa que o paso pode estar a un tiro de pedra para un independentista), fixo que os erros que se cometeron chegaran a enfrentar a moitos dos catalás que o que querían era vivir sen sobresaltos innecesarios. Neste caso a profilaxis foi peor que enfrentarse á posterior realidade. Con todo, para chegar a estas e outras conclusións hai que vivir o día a día en Catalunya e coñecela. 


Na diada deste ano botei en falla as contramanifestacións do sector que non é independentista. Moitos balcóns lucían bandeiras españolas e foron respetadas. Nen chegaron a ser insultados os que as portaban. Catalunya é un pobo maravilloso, respetuoso e pacífico. A fractura social da que moitos falan non se traduce en tensións e enfrontamentos na rúa, senón que é un termo creado "ex profeso" para separar os que votan independencia ou non.


Finalmente hai algo que chama moito a atención. A loita polas ideas e as maiorías a favor da independencia. A lembranza daqueles que sementaron as súas vidas pola preservación da lingua catalá ou a historia negada durante o tempo do dictador. E todo iso prégase ante a realidade de que Europa fará o que teña que facer e os Mas de turno serán copias falsas dos Tsipras de Grecia. Aínda que cheguen a ter a maioría de escanos que soñan, non poderán materializar o Estado ao que aspiran. Xa o saben.


Os tempos da liberacion do Estado remataron nun mundo global, imparabel. Aínda así o conxunto de España sairía reforzada se o recoñecemento das singularidades de Catalunya chegaran recuperarse. E iso non se traduce en máis competencias autonómicas ( que poucas lle faltan), senon en unha tregua en ataques á identidade e á lingua catalana. O título, “Catalunya mes que mai” (Cataluña más que nunca), quere expresar que ademáis dos catalás, hai moitos españoles, galegos ou vascos que non podemos deixar de amar esa nazón que forma parte de nós. Será que nós tamén seguimos sufrindo como nazón.


José Luis Fernández Díaz


Profesor

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE