#Claves de la semana
PONTEVEDRA

Ana Pastor e Miguel Anxo Fernández Lores, un encontro cargado de temas pendentes


|


O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores co a ministra de Fomento, Ana Pastor 


A visita de Ana Pastor a Pontevedra o vindeiro luns non será só de cortesía. Ademais da inauguración prevista da avenida Josefina Arruti, obra executada polo Concello de Pontevedra, e financiada polo Ministerio de Fomento, manterá un encontro co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. E este levará unha axenda bastante completa a esa entrevista, segundo adiantou nas últimas horas.


A reunión, que se celebrará ás dez da mañá nas dependencias municipais de Michelena 30, servirá para que Fernández Lores se interese polo estado de proxectos anunciados pola propia Ana Pastor, pero tamén por actuacións longamente demandadas polo goberno municipal ao longo dos últimos anos.


Así, o alcalde pedirá á titular de Fomento que o departamento gobernamental reactive a reforma da estrada N-541 -a que une Pontevedra con Ourense- desde a rotonda de acceso a Montecelo ata Ponte Bora; ou coñecer en que estado de tramitación se atopa a reforma do Nó de Bombeirosa nova conexión coa AP-9 ou o paseo marítimo que a ministra anunciou en campaña electoral entre Pontevedra e Marín pola PO-11.


Ademais doutras cuestións que non quixo concretar, Miguel Anxo Fernández Lores interesarase polas obras da A-57, tanto do tramo que xa foi adxudicado entre Vilaboa e A Ermida, que executará a construtora San José; como do tramo entre A Ermida e Pilarteiros e a proxectada continuación da autovía ata a súa ligazón con Curro e a autovía do Salnés.

De todo iso, ambos informarán os medios tras a inauguración do desdobramento da avenida de Vigo.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE