#Claves de la semana
AFIRMAN QUE NON GARANTE A FIN DA CRISE

Upa e Coag: "Non consentiremos que ningún gandeiro saia imputado tralas mobilizacións"

O secretario de Gandería Román Santalla participou nunha rolda de prensa xunto a Coag de rexeitamento ao acordo do sector lácteo


|

O secretario de Organización de Coag, Andoni García, e o secretario de Ganadería de Upa, Román Santalla.


O secretario de Gandería de Upa, Román Santalla, subliñou este mércores que a súa organización non vai "consentir" que ningún gandeiro saia afectado por participar nas mobilizacións que se levaron a cabo para defender o sector, como a que se desenvolveu ante o centro loxístico de Dia.


Santalla, quen participou este mércores na rolda de prensa conxunta de Coag (na que está integrado o Sindicato Labrego Galego) e Upa (da que forma parte Unións Agrarias) para explicar o seu rexeitamento ao acordo do sector lácteo, onde refiriu que máis de cen gandeiros recibiron cartas por parte da empresa con reclamacións polos danos derivados da protesta, unha situación "moi estrana" ante a que "non oculta a súa preocupación".


O pasado día 10 de setembro, a cadea DIA emitiu un comunicado no que cifrou en oito millóns de euros as perdas xeradas pola falta de operatividade do seu centro loxístico en Santiago de Compostela a semana anterior, ante o bloqueo das instalacións polos gandeiros.

Neste sentido, Santalla puntualizou que se algún produtor sae afectado "volveremos onde faga falta para defender a un só gandeiro".

Engadiu que nestes momentos están a manterse contactos coa multinacional coa que esperan "entenderse" para que esta situación "quede en nada".


Pola súa banda, o gabinete de Comunicación de Dia lembrou  -ante as perdas provocadas polo bloqueo da actividade da empresa polos gandeiros- ían tomar medidas legais. No que respecta ás reclamacións, o proceso "segue o seu curso legal". 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE