#Claves de la semana
OPERACION PATOS

"Non sei se outros poden negar tan clariño a súa relación coa Patos" Abel Caballero

O alcalde de Vigo, afirma e puntualiza, na primeira aparición pública tras a súa imputación, "que non recibiu ningún agasallo de Eiriña e que a conduta dos concelleiros Ángel Rivas e David Regades, non lhe compete a el xuzgalos"


|


O alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE), preguntouse este sábado se "outros" imputados como el na causa xudicial relacionada coa operación Patos, "doutras administracións", poden dicir "clariño como a auga" que non teñen que ver "nada de nada de nada" coa trama corrupta investigada.


Na súa primeira aparición pública tras a súa imputación nunha causa que investiga supostas irregularidades en contratacións públicas de varias administracións de Galicia, Caballero reiterou o que vén defendendo os últimos días, que non recibiu ningún agasallo da construtora Eiriña, sinalada como epicentro da trama.

O recentemente elixido presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) subliñou que a propia Policía "lle di ao fiscal" no informe que consta no sumario que a pluma estilográfica que supostamente recibiu foi devolta á tenda pola empresa (Eiriña) que lla pretendía regalar.

REGADES E RIVAS.


Preguntado polas imputacións de tres membros do goberno municipal de Vigo, Ángel Rivas –xa investigado noutra causa anterior–, David Regades e Isaura Abelairas, os dous primeiros por supostos amaños en contratacións e enchufes de persoal, Caballero remitiu a "as súas propias declaracións".

"Sábeo todo o mundo: o meu, clariño e nada de nada de nada. Por certo, non sei se outros, doutras administracións, poden dicir o mesmo, pero non entro niso", repetiu


A xuíza de instrución 7 de Vigo, Carmen García Campos, comunicou este venres senllos autos nos que imputa na causa pola operación Patos a Caballero e a tres dos seus edís, e ao expresidente da Deputación de Pontevedra e xefe do PP provincial, Rafael Louzán.


Tamén figuran na lista de 46 novos imputados, á parte das cinco persoas que no seu día foron detidas e postas en liberdade con cargos, o exvicepresidente da Deputación de Pontevedra e líder do PP de Vigo, José Manuel Figueroa, e a delegada da Xunta nesta cidade, María José Bravo Bosch.

A xuíza instrutora, que se inhibiu en favor dos xulgados decanos de Ourense, Santiago, Pontevedra e Ponteareas naquela parte da investigación relacionada con estas cidades, requirirá nova documentación na investigación da peza principal, que segue asumindo.

Polo momento non hai data para a toma de declaracións dos imputados, entre os que hai, á parte de políticos, técnicos de diversas administracións e empresarios.

A Operación Patos estalou en febreiro de 2014 cando a Policía detivo a cinco persoas, un exconcejal de Nigrán (Pontevedra) e administradores e empregados das empresas Cespa e Eiriña; e practicou rexistros nas corporacións de Vigo, Nigrán, Santiago, Pontevedra, Ponteareas e Ourense.

Tamén houbo rexistros na delegación da Xunta en Vigo, en dependencias da Zona Franca, o Consorcio do Casco Vello e o porto, e na Deputación de Pontevedra.


(Fonte: Axencias e Galiciaé)

 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE