#Claves de la semana
COA MÁXIMA RESPONSABLE DE EDUCACIÓN DE NOVA YORK, DE ORIXEN GALEGO

A Xunta de Galicia analiza posibles vías de colaboración en materia educativa con Nova York

Alfonso Rueda mantivo unha xuntanza ca Chanceler de Educación da cidade de Nova York, Carmen Fariña, de orixe galego


|

O secretario xeral de Emigración Antonio Rodriguez, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a chanceler de Educación da cidade de Nova York, Carmen Fariña


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado do secretario xeral de Emigración Antonio Rodriguez Miranda mantivo unha reunión coa chanceler de Educación da cidade de Nova York, Carmen Fariña, de orixe galega, onde o vicepresidente amosoulle o orgullo de ter unha galega ao fronte dun cargo de esa relevancia na cidade neoiorquina.


No encontro, Alfonso Rueda e Carmen Fariña estudaron posibles acordos que redunden na mellora de ambos os dous sistemas educativos, co fin de construír un proxecto común de colaboración que sirva de ponte para ambas culturas, permitindo o coñecemento e aprendizaxe mutuo en diferentes niveis e ámbitos de cada un dos sistemas educativos.


Entre as propostas de colaboración das que falaron Rueda e Fariña, están o irmandamento entre centros educativos prestando especial atención ás Tics, o intercambio de estudantes, auxiliares de conversa e alumnado en practicas; e tamén a posta en marcha de accións dirixidas aos profesionais do sistema educativo, coma as licencias de formación, a colaboración institucional entre organismos encargados de la formación dos profesionais, colaboración na FP e en bibliotecas escolares, principalmente.


Carmen Fariña é a máxima responsable da educación na cidade de Nova York e capitanea un departamento do que dependen máis de 200.000 docentes, nunha cidade na que esta materia é altamente relevante, xa que máis do 84 por cento dos habitantes do estado, con máis de 25 años de idade, posúe diploma de graduado.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE