XX EDICION DO FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE (OUFF)

Agadic e o Instituto de Cinema portugués organizan en Ourense o I Encontro de Coprodución Audiovisual Galicia-Portugal

|

Recortada imagen89611

Os cinemas galego e portugués estreitarán lazos o vindeiro 20 de novembro en Ourense, onde terá lugar o I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia baixo a organización do Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).


 A iniciativa, inserida no programa de actividades da vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), diríxese a aquelas produtoras audiovisuais de ambos os países con interese en establecer contacto directo con potenciais socios estratéxicos cara á coprodución de proxectos para cinema e televisión. O obxectivo final é ampliar as oportunidades de financiamento destas propostas e abrir novas canles de distribución e difusión, así como favorecer o intercambio de profesionais técnicos e artísticos entre Galicia e Portugal.


Inscrición

As empresas interesadas en participar neste foro bilateral de coprodución deben remitir ao correo electrónico 

audiovisual.agadic@xunta.es antes do vindeiro xoves día 5 o formulario de inscrición, dispoñible para a súa descraga desde a sección de avisos do web www.agadic.info. A partir da información achegada polas compañías, as entidades organizadoras elaborarán un dossier para os participantes e organizarán a axenda cara ao desenvolvemento de reunións personalizadas.

O I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia terá lugar o venres 20 de novembro, a partir das 10.00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.


As produtoras que acudan con proxectos en fase de desenvolvemento terán a oportunidade de facer unha presentación pública na sesión de 'pitching' coa que arrancará o evento. A continuación, darán comezo as roldas de reunións bilaterais entre compañías galegas e portuguesas, previamente concertadas pola organización. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress