O do Nou Camp

Manuel Fernando González Iglesias

Mentres o Constitucional se reúne e decide, os independentistas déronse un festín no Nou Camp en plena eliminatoria da Champions. Despois de dicirlle públicamente de todo á UEFA e conseguir que o impresentable de Villar lles autorizase unha tregua, os ortodoxos da estelada --ANC, Òmnium, etcétera-- regalaron varios miles das bandeiras de orixe cubana a quen acudía ao campo para que logo as exhibise estrondosamente ao comezar o partido contra o Bate. Ademais, por se a xolda non fose suficiente, asubiaron de forma estrondosa o himno da Champions para que o organismo europeo se dese de perfecta conta de que aquí os "bos cataláns" non queren aos que lles levan a contraria ao poder establecido, e que lles trae á expectativa que lles pechen ou non o Nou Camp.


Se despois de semellante demostración de forza os que mandan no fútbol europeo non toman ningunha decisión respecto diso, quere dicir que, a partires de agora, cada cal pode na súa sede facer o que lle dea a gana, e que ata o Ku Kus Klan pode acender unha cruz daquelas que só vemos nas películas e que tampouco debe pasar nada, porque a liberdade de expresión ten numerosos carreiros.


E despois quérennos vender a actual directiva con Bartomeu á fronte que no club non manda a política!

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE