AQUEL MAIO DO 68

Manuel Fernando González Iglesias

Non me gusta falar do islamismo porque o que cada cal crea ou pense, sobre Deus e o mundo no que rezamos, é un asunto privado. Non creo tampouco niso tan en desuso de fieis e infieis que retroalimenta aos intransixentes e aos fundamentalistas. Gústame charlar cos ateos e os agnósticos, porque a súa sabedoría alimenta as miñas crenzas, que tamén as teño. E non entendo, nin creo que alcance a comprender nunca, como en nome de Alá, Jehová ou Jesús pódese asasinar a outro ser humano que naceu para ser feliz e irse deste mundo porque lle chegou a súa hora ou por propia vontade. Son, como se di agora, un pagafantas dos violentos, sempre disposto a gozar da vida e por tanto a que ma quiten porque un fin de semana decida pasalo en París e tomarme un café na terraza do Café Bonne Biere á beira mesmo da rue Oberkampf.


Dinme os amigos que estamos nunha guerra global entre os que teñen a riqueza e os que a conseguen matando en nome de Alá, e que todos debemos estar asustados porque este mundo xa non é seguro. E cando o foi?, contesto acolloado. E míranme coma se fose un paria ao que hai que deixar á súa sorte porque non ten nin p... idea da sociedade na que vive, nin tampouco a menor intención de decatarse.


E con todo, sen saber por que, escoito a Marsellesa no telexornal da TVE, cantada na Sorbona, e escápaseme unha bágoa que tento disimular ante os meus, dicindo que tantas horas ao computador fíxome trizas a mala vista que me queda. Será que os mortos de París son para min coma se fosen os da miña familia e tamén, un europeo sen aspiracións como os miles que gozan de emprego fixo en calquera das sedes comunitarias de Bruxelas, que a pesar da súa status conformista e desganado, non está de acordo co que pasa e que calquera semana destas como o Bill Foster de "Un día de Furia", personaxe maxistralmente interpretado por Michael Douglas, sacará á superficie a frustración que leva no seu interior de ser humano e a esparcirá colocando unha flor en cada fusil como xa fixo o pobo portugués na Revolución dos caraveis.


Ai, Grandola vila morena, canto che boto de menos! Definitivamente non teño remedio. O maio francés do 68 deixoume marcado para sempre, e nada nin ninguén poderá cambiarme. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE