#Claves de la semana
CARTELLE SERA A SEDE DA FUNDACION CARLOS VELO

Carlos Velo terá un espazo creativo propio no Festival Internacional de Cine de Ourense 2016

Crearase unha fundación que levará o seu nome e que permitirá divulgar e poñer en valor o seu legado


|

O cineasta galego Carlos Velo (Cartelle, 1909 – México, 1988) contará a partir de 2016 cunha sección fixa dedicada á súa obra e figura no Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). 


VeloCartelle

De Izq. a dcha. Laura Gardos, Belén Iglesias, Carmen Leyte y Anxo Lorenzo


O novo espazo –presentado en rolda de prensa polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola alcaldesa de Cartelle, Carmen Leyte; pola concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias, e por Laura Gardos, neta do cineasta– contará cunha programación propia no marco do festival, que se prolongará noutros puntos da provincia de Ourense, con actividades en Cartelle, Celanova e O Carballiño, municipios vinculados á traxectoria vital de Velo.


Aínda que a programación coa que se porá en marcha a sección, coincidindo coa vixésima primeira edición do festival, se atopa en proceso de definición, o secretario xeral de Cultura informou de que está previsto que as actividades xiren arredor de ‘Torero’, película dirixida polo cineasta no ano 1956 en México, país no que se exiliou e onde desenvolveu boa parte da súa carreira profesional.


Unha fundación para difundir o seu legado


Na rolda de prensa, celebrada no Centro Cultural Ángel Valente, a alcaldesa de Cartelle anunciou tamén a próxima constitución da Fundación Carlos Velo, unha iniciativa que nace co obxectivo de contribuír a perpetuar a memoria do cineasta e que contará coa implicación de profesionais de diferentes ámbitos vinculados coa figura de Velo, xunto co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.


Finalmente, Anxo Lorenzo tamén lembrou que actualmente se pode visitar na Cidade da Cultura de Galicia unha exposición sobre outro ourensán universal, o fotógrafo alaricano José Suárez, representante dunha xeración de intelectuais que se converteron en figuras sobranceiras da historia da imaxe e do audiovisual galego.


A ponte do exilio


Nesa liña, a neta de Velo , Laura Gardos, resaltou a achega dos refuxiados españois do franquismo ao México que os recibiu. Ela mesma, relatou, tivo como mestre a un exiliado español, o que acentuou a sensación de compartir dúas culturas.


En ocasións, dixo, «o exilio, máis que ser un longo adeus, é unha ponte. Ese ir e vir fai que nos retroalimentemos. Neste caso o que Carlos Velo fixo en México vén florecer aquí e o que levou cara alá deixou o seu camiño ben sementado en México».


Rescatar as raíces e fortalecer esa ponte para fuxir da división e a monocultura é unha tarefa para o novo proxecto que, dixo, acolle con


Colaboración co OUFF


Promovido polo Concello de Ourense coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), entre outras entidades, o OUFF arrancou o pasado sábado 15 de novembro a programación da súa vixésimo edición coa estrea europea de ‘Lobos sucios’, do director coruñés Simón Casal.


Ademais, a Agadic tamén contribúe á programación desta vixésima edición do festival co I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal Galicia, co lanzamento do novo catálogo ‘Films from Galicia’ e coa presentación dun avance da nova edición de ‘Cinemas de Galicia’, tres actividades especificamente dirixidas á promoción do audiovisual galego.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE