#Claves de la semana
CORREDOR DO EIXO ATLANTICO, PRIORITARIO PARA GALICIA

A Xunta afirma que as conexións de AVE con Portugal seguen sendo unha “prioridade” estratéxica

Critica os atrasos do Goberno luso e advirte que esta infraestrutura non se pode abandonar “estea quen estea en Madrid”.


|

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, evitou hoxe referirse aos atrasos da conexión de Vigo con Porto por alta velocidade ferroviaria e achacou esta situación á falta de compromiso do Goberno luso. En todo caso, suliñou que esta infraestrutura segue sendo unha “prioridade” para o seu goberno.


Preguntado polas críticas do Eixo Atlántico á ministra Ana Pastor por non ter feito nada durante os últimos catro anos, Feijóo insistiu no “compromiso” do seu goberno e do seu partido con esta obra. De feito, lembrou que o goberno de Rajoy conectou xa Galicia coa meseta e todas as grandes cidades do país a través de alta velocidade. “Hoxe o AVE chega a Vigo e a todas as cidades galegas”, dixo.


Así, criticou ao Goberno luso dos atrasos nesta obra e dixo que, no que ten que ver coas obras galegas, “non vai quedar un só quilómetro de vía sen realizar”. “Agora o único que hai que facer é agardar a que se desbloquee a situación –política-- de Portugal para dar datas concretas”, dixo. Neste sentido, suliñou que esta obra é unha infraestrutura “importantísima” e que o Estado español, “sexa cal sexa o goberno” non pode “abandonar” esta infraestrutura.


A pasada semana o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, criticaba os incumprimentos do Executivo de Mariano Rajoy con Galicia no tocante ás infraestruturas ferroviarias. Nunha dura misiva á ministra de Obras Públicas, Ana Pastor, Mao dicía sentirse “decepcionado” polo feito de que nunha comunicación tan estratéxica como o corredor ferroviario Vigo-Porto, “o único que se fixo en catro anos foi....cambiar un horario”.


Autovía do Morrazo


Por outra banda, o Goberno galego deu este xoves no Consello da Xunta o "visto e place" ao comezo dos trámites para licitar o segundo tramo do desdobramento do corredor do Morrazo -entre Domaio e Meira- en autovía. Trátase dun tramo de algo máis de 4 quilómetros e terá un investimento de 18 millóns de euros, dixo en conferencia de prensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras o Consello da Xunta.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE