#Claves de la semana
TORNEO EIXO ATLANTICO DE HOCKEI PATÍNS, O 21 E 22 NA CORUÑA

A Coruña acolle o Torneo Eixo Atlántico de Hockei Patíns, esta fin de semana

A Coruña será a sede do IV Torneo Eixo Atlántico de hockei a patíns esta fin de semana, 21 y 22 de novembro.


Serán 12 equipos, os que participarán na competición, a metade galegos e a metade portugueses.


|


O concelleiro de cuturas e Deporte de A Coruña José Manuel Sande  e Xoan Vázquez Mao secretario

xeneral do Eixo Atlántico na apresentación


O concelleiro de Culturas e Deporte, José Manuel Sande, presentou esta mañá a IV edición do Trofeo Eixo Atlántico de Hóckey a Patíns. 


O torneo, no que participarán 12 equipos galegos e portugueses da categoría Sub 17, celebrarase esta fin de semana na Coruña. 


O edil destacou a relevancia deste deporte “emblemático e histórico” na cidade, que contará con 5 combinados locais na competición, e a “honra” que supón para o Concello “contribuír á hora de entrelazar colaboracións e que haxa unha unión entre o tecido deportivo da cidade”. 


CARTELTROFEOHOCKEIEIXOACORUA

O responsable municipal, que estivo acompañado polo secretario do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, fixo fincapé na relación transfronteiriza entre Galicia e Portugal e na posibilidade de “tecer redes con lugares e ámbitos con signos históricos de identidade”.


O IV Trofeo Eixo Atlántico disputarase en dous escenarios da cidade, o Pazo dos Deportes de Riazor e o Polideportivo de Monte Alto. 


A competición comezará ás 10.00 da mañá do sábado e o formato de dobre sede permitirá a simultaneidade dos encontros entre os 12 equipos, que estarán dividos en catro grupos de tres combinados cada un. Os partidos polo 3 e 4º posto, así como a final, celebraranse o domingo pola tarde desde as 16.30 horas no pavillón de Riazor, e a entrega do trofeo ao gañador será o 19.00 horas no mesmo espazo.


O Torneo contará con dúas actividades complementarias, dous parladoiros de Iván San Rodríguez, seleccionador español sub 17, e Luis Miguel Alves Duarte, selccionador portugués sub 20, que se celebrarán na tarde do venres desde as 19.00 no Pazo dos Deportes de Riazor. 


Para máis información sobre os equipos visitantes, horarios e resultados, pode visitarse a páxina web www.eixoatlantico.com

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE