¡UFFF...!

Manuel Fernando González Iglesias

Mentres Rajoy e Sánchez prepáranse para sacarse os ollos no debate televisivo da Academia, un contempla con indisimulada envexa como os franceses volven sobre os seus pasos e evitan que a ultradereita xenófoba e neonazi alcance o poder na segunda volta das eleccións rexionais. Para iso, precisamente, serve ese volver votar, que neste país, os nosos partidos e os seus políticos aborreceron históricamente. 


E como todos agora levan no ánimo programático a idea de modificar a Constitución, non estaría de máis que pensasen que "esas segundas voltas" nunca foron malas, porque resolven, dunha tacada, quen pode ser o alcalde ou o Presidente dun país que fragmenta tradicionalmente o seu voto ou decide non meter todas as papeletas electorais na mesma urna, algo moi democrático e moi de andar por esta casa de taifas. Vostedes mesmos poderano comprobar pronto, cando ningún partido alcance a maioría absoluta e teña que poñerse de acordo para que se forme un Goberno medianamente serio. 

Algún de nós, salvo Felipe González, pode, agora mesmo, chegar a imaxinarse ao PSOE e ao PP poñéndose dacordo para integrar un executivo como fixeron varias veces os alemáns e outros países da Europa comunitaria? Pois diso se trata: de evitar leas.


Tampouco estaría mal que mellorásemos a nosa calidade democrática adxudicando a cada cidadán un voto, porque xa está ben de residuos do pasado e do temor que producen "os urbanitas" nos grandes partidos de cuxas decisións electorais foxen como gato escaldado, tal vez aínda inducidos polo pacto da Transición, que non se fiaba "dos vermellos" que habitaban as áreas metropolitanas das grandes cidades se fixesen co poder. Grazas a ese "agasallo de Hont" aos comunistas non lle demos nin auga, e en cambio, os nacionalismos agora inchados de independentistas obtiveron unhas colleitas electorais inxustas e o bipartidismo tamén sentou o seu traseiro demasiado tempo nas poltronas do poder. Cambiemos constitucionalmente iso, porque se non o facemos, estamos a xogar sucio coa liberdade de quen paga os seus impostos e por tanto deben ser iguais e o seu voto valer o mesmo en Madrid e Barcelona como en Cuevas del Almanzora ou Allariz.


E do debate que? Pois que aínda un 45 por cento dos cidadáns non decidiu o seu voto, e que os hispanos imos ter que afacernos a maiorías inestables e a pactos políticos impensables. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE