A SEIS DIAS DAS ELECCIONS XERAIS

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe, a seis dias das Elección Xerais, a licitación das obras de conversión en autovía do segundo treito do corredor do Morrazo, entre Domaio e Meira

|

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe-a 6 días para as Eleccións Xerais- a licitación das obras de conversión en autovía do segundo treito do Corredor do Morrazo, entre Domaio e Meira, por un valor de preto de 18 millóns de euros, o que permitirá segundo o Goberno de Galicia, iniciar a execución das obras o ano que ven. 


O contrato permitirá dar continuidade ao desdobramento do tramo Enlace de Rande-enlace de Domaio (conexión coa estrada local que comunica os núcleos de Domaio e San Lourenzo), que está xa en fase de obras.


O proxecto construtivo do segundo tramo define o desdobramento do segundo dos tres subtreitos no que se executarán as obras de conversión en autovía do corredor do Morrazo. A actuación comeza no enlace de Domaio, no pk 3+070 da actual corredor, e finaliza no enlace de Meira, no pk 7+280.


Ao longo dos máis de 4 quilómetros de actuación, ademais do desdobramento do tronco proxéctanse as seguintes obras principais: remodelación dos enlaces de principio e fin da actuación, duplicado do viaduto da Mó, de 430 metros, e ampliación de dous pasos inferiores e dun superior.


No desenvolvemento da solución proxectada, queda ademais a execución dunha futura área de servizo en Meira, no PK 4+810, para o que se construirán os ramais que permitirán todos os movementos de entrada e saída da mesma incluída a execución dun novo paso superior sobre a autovía.


Con este proxecto, sibliña o Goberno galego, dotarase á comarca do Morrazo dunha autovía libre de peaxe, que resolva os problemas de capacidade do corredor actual, xa que por esta vía circulan 15.000 vehículos cada día, unha cifra que chega ata os 20.000 moitos días de verán.

 Plano das obras do Corredor do Morrazo (Pontevedra)


 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress