ARRÁNXENNOS O PAÍS, UNHA VEZ POR TODAS

Manuel Fernando González Iglesias

Tanto darlle voltas ao tema, tanto marear o peixe e, ao final, só hai dúas solucións razoables para a gobernabilidade do Estado. Unha, pactar PP, PSOE e Ciudadanos. E dous, convocar novas eleccións. A primeira opción ten, á súa vez, dúas variantes que derivan cara á entrada no goberno dos socialistas, ou sexa, un executivo tripartito con todas as consecuencias que se lle queiran atopar ou, a outra derivada, que consiste en que o PSOE apoie a formación dun goberno estable poida gobernar, polo menos, media lexislatura, pero que quede, como os de Rivera, nas bancadas da oposición civilizada.


O demais, son ganas de facer balbordo e converter a gobernabilidade do Estado nun circo para equilibristas, trapecistas, saltimbanquis, mimos e grandes pallasos da escena política. E España, no seu conxunto, non está para estas cousas, e moito menos, para o incomprensible suicidio do partido con máis historia ás súas costas: o PSOE.


É comprensible que, nestes intres, os seus dirixentes se dediquen a discutir en público as súas ambicións internas. Ninguén lles encargou formar goberno, posto que non teñen máis deputados que o PP e, porén, póñense a falar de pactos, cando quen debera estar a facelo é Rajoy, que marchou a Sanxenxo de vacacións, mentres o primeiro partido da oposición líase ás labazadas fraticidas facéndolle o traballo presente e futuro ao líder popular más livián e, sobre todo, más doada. Señores de Ferraz, pero qué parvos son vostedes!


Por se fora pouco, os cidadáns ven como nas comunidades autónomas e nos Concellos levan os partidos varias lexislaturas facendo e desfacendo pactos de goberno, sen que a ninguén lle trema o pulso, mentres o dia a dia transcorre cos sobresaltos lóxicos da boa ou mala gobernanza e coas corruptelas que todos vamos coñecendo polas actuacións xudiciais. Dito isto, a pregunta que os votantes de a pé nos facemos é: por qué resulta tan difícil aplicar esa lóxica pactista cando se trata de gobernar o Estado no seu conxunto? E que acaso o resto dos dirixentes europeos son máis que os nosos, ou tal vez menos escrúpulos que os dirixentes españois?


Vivimos tempos nos que, política e socialmente, camiñamos ao borde do abismo da desunión e a ruína económica. Os mozos non traballan, os vellos comezan xa a sélo cando cumpren os cincuenta anos, aos discapacitados deixámolos sen prestacións e, por se fose pouco, estamos endebedados ata as cellas. Con semellante panorama, ademais, queremos ir parar á época da caída do Imperio Romano, na que suevos, vándalos e alanos apropiábanse do que restaba da romanización para destruíla e logo entregarlla pola forza aos visigodos que, anos máis tarde, en plena decadencia, deixábanse arrebatar o poder e o territorio por outros invasores vidos da beira africana do Mediterráneo; e así sucesivamente. A Historia, como as hemerotecas, é moi cruel, porque retrata fielmente o que somos como pobo, ou se o prefiren os independentistas, como conxunto de tribos pelexando pola súa subsistencia. E o malo é que a mediocridade marcha libremente en pleno século XXI, polo terreo da política no seu conxunto, monarquía incluída, o IBEX 35, os sindicatos e ata a empanada de millo. Qué podemos facer?


Pois miren. Nós, os da prensa, a repartir leña. E vostedes, se me permiten o consello, a protestar ruidosamente para que mudan as cousas. E se lles fan caso, esixir novas eleccións, para que poidan botar democráticamente aos máis prepotentes e irresponsables que non saben ou non queren facer política mais, da de verdade, que é a que sempre atopa una solución negociada aos problemas que se nos van presentando ou que algún nos crean, sen ningunha necesidade, que esa é outra. Chega o 2016. Preparémonos. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE